Raquel Hermida, socia de Executivas de Galicia publica o seu primeiro libro “¡Hay que andar!”, baseado en claves e ferramentas para convivir cun mesmo e cos demais.

Creo que a vida é máis sinxela do que pensamos, pero sempre nos enredamos cos nosos drama, crises e bobadas, por iso, e, como sempre digo: non hai mellor forma de vivir a vida que desde a imperfecta perfección”. Raquel Hermida Manzaneque

A docente, empresaria e conferenciante Raquel Hermida ofrécenos un traballo de ferramentas e claves para convivir cun mesmo e cos demais no seu primeiro libro ¡Hay que andar!

Con este proxecto quere axudarche a facerche túas unha serie de ferramentas e pautas que che permitan entender todas as experiencias e comportamentos que nos pasan no día a día para axudarnos no noso propio crecemento persoal e social. Estas experiencias e comportamentos foinas recollendo, durante todos estes anos, de alumnos, compañeiros, amigos, familia e ata dela mesma.

O seu obxectivo é quitarnos da cabeza a idea de que o mundo unicamente vira ao redor de uno mesmo, de que todos os problemas son exclusivamente teus ou que ti es o culpable deles, para facerche volver voar en compañía e máis seguro de nós mesmos, porque, segundo di Raquel: ti es grande pero os demais tamén.

O libro presentouse en Burela o 23 de xaneiro, e poderase adquirir en www.editorialnuevaestrella.com, tamén en casa do Libro, El Corte Inglés, librerías e Amazon.
Para máis información pódese consultar a súa web www.raquelhermida.com.