Referentes Galegas
Coñece o noso proxecto estrela
Referentes Galegas, impacto positivo do primeiro directorio de mulleres profesionais galegas.
Un dos proxectos estrela de Executivas de Galicia é Referentes Galegas, un programa pioneiro en Galicia que reúne a máis de 400 mulleres nun directorio co obxectivo de dar visibilidade a todas aquelas mulleres profesionais galegas que son referentes en calquera ámbito da sociedade galega.
Trátase dunha ferramenta útil para que os medios de comunicación, as entidades de calquera índole ou os organizadores de foros e encontros poidan ter un espazo no que atopar a mulleres destacadas en todos os sectores profesionais e que poden achegar unha valoración experta.
As mulleres seguen estando un paso por detrás en materia de visibilidade e esta supón unha das barreiras fundamentais para avanzar na igualdade de oportunidades, por iso, este programa busca dar resposta á falta de recoñecemento das profesionais galegas con traxectoria e prestixio e, á vez, que todas estas referentes sirvan de exemplo e modelo a seguir para as xeracións novas á hora de elixir e crear a súa carreira profesional.
Base de datos actualizada
Unha ferramenta para que calquera organismo ou empresa poida acceder a perfís profesionais de mulleres referentes no seu sector.
Referentes Nas Aulas
Un proxecto para que os máis novos coñezan outros sectores profesionais e teñan modelos para imitar.
EduReferentes
Visitamos as aulas para proporcionar aos máis novos unha experiencia formativa e enriquecedora.
Selo SonReferente Galega
Identifica as profesionais que forman parte deste programa e que poidan usalo nas súas redes sociais, páxinas web ou firma de correo.
Meet-up Referentes Galegas
Unha iniciativa concibida desde Executivas de Galicia para dar visibilidade ás profesionais que forman parte do directorio. Consiste en realizar mensualmente un encontro entre Referentes ao que poden sumarse as socias de Executivas de Galicia e o público en xeral, previa inscrición.
Quen pode ser Referente?
Perfil de Referentes Galegas
Mulleres profesionais vinculadas con Galicia, ben sexa por nacemento ou residencia, de calquera sector.
Mulleres con experiencia profesional de polo menos 10 anos.
Mulleres que desempeñasen ou desempeñen neste momento postos relevantes no seu sector de actividade e/o con recoñecemento acreditado ao seu desempeño profesional.
Que significa ser Referente Galega?
Pasarás a formar parte da nosa base de datos, co que aumentará a túa visibilidade e proxección profesional.
Ademais poderás formar parte dos nosos programas “Referentes nas aulas”, “EduReferentes” e outros proxectos relacionados.

No noso blog
Suscríbete para ver as nosas actualizacións sobre actividades de Executivas e Referentes Galegas
Benvida ás novas socias – Febreiro 2025
Queremos dar a benvida ás profesionais que se incorporaron a Executivas de Galicia en febreiro de 2025.
Executivas de Galicia e Mulleres Ártabras únense nun novo networking – 4 de abril
O 4 de abril, Executivas de Galicia organiza, xunto á asociación Mulleres Ártabras, unha nova comida de networking en Narón. O encontro contará coa asistencia de Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón.
Executivas de Galicia, parte activa da programación polo 8M
Con motivo do Día Internacional da Muller, Executivas de Galicia participou activamente en diversas xornadas e encontros, impulsando o papel da muller na economía e o ámbito empresarial.
¡Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Hotel Oca Puerta del Camino
R. Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña