Programa EduReferentes
Acercando profesionais referentes ás aulas galegas
Visibilidade da muller profesional nas aulas
Os programas Referentes nas Aulas e EduReferentes de Executivas de Galicia nacen da necesidade de contar con referentes femininos que sirvan como exemplos para as xeracións novas na súa actividade profesional, para que se dea visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas que son referentes nos seus respectivos sectores. Ambos os programas son unha parte fundamental do proxecto Referentes Galegas, a través do cal se realizan encontros de mulleres referentes de Galicia con estudantes de ESO, FP e 1º de Bacharelato, de entre 15 e 18 anos, da comunidade de Galicia. Para iso visitamos distintos centros educativos.
Compartir experiencias
Nestes encontros as referentes comparten as súas experiencias cos alumnos e alumnas interactuando con eles/elas e respondendo a cuestións que lles expoñan en relación ás súas carreiras profesionais.
O noso obxectivo é que Referentes Galegas sexa unha canle que impulse e visibilice entre os mozos e mozas a todas as mulleres profesionais con talento que hai na nosa comunidade e que constitúen un referente pola súa traxectoria e valía.
O programa Referentes nas Aulas levouse a cabo durante o 2019 en colaboración coa Deputación de Lugo, e presentouse nun amplo número de institutos de secundaria da provincia de Lugo. EduReferentes realízase en centros educativos repartidos pola xeografía galega en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, e xa son catro as edicións realizadas deste programa no que participan, cada ano, 20 centros educativos, preto de 1.000 alumnos e alumnas e máis de 70 mulleres referentes.
Visitas concretas
EduReferentes iniciouse no ano 2019 cun programa piloto no que participaron 6 centros educativos das 4 provincias galegas, en cada un destes centros tivo lugar unha charla informativa con dúas Referentes. O programa retomouse no curso 2021/2022 coa participación de 20 centros repartidos por toda a xeografía galega, e inclúe como novidade as mentorías coas referentes galegas co fin de establecer unha relación de apoio e coñecementos. A partir do curso 2022/2023 introdúcense, ademais das charlas e mentorías, talleres educativos sobre SoftSkills e creatividade de 50 minutos de duración en cada un dos centros.
Divulgación entre as novas xeracións
As profesionais que forman parte de Referentes Galegas serven de modelo para os/as novas, de forma que poidan ter referentes profesionais ás que seguir.
Programa de actividades
EduReferentes consiste en charlas informativas, mentorías e talleres con Referentes como protagonistas. Unha actividade transversal na que os participantes, ademais de ter novos referentes, poidan traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación co fin de achegar unha experiencia educativa e formadora.
Participación de alumnado e Referentes Galegas
Máis de 5.000 alumnos e alumnas de 66 centros educativos das catro provincias galegas xa participaron de forma activa en sesións de conferencia impartidas por máis de 100 mulleres Referentes nos seus sectores.
¿Que é Referentes Galegas?
Un gran directorio ou inventario vivo das mulleres que, pola súa traxectoria e valía, poden ser modelos a seguir para o resto das galegas nos seus respectivos sectores profesionais.
Promovemos a igualdade entre os máis xoves
¡Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Hotel Oca Puerta del Camino
R. Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña