Accessibility Tools

Espazo colectivo de crecemento en feminino

O empoderamento da muller como motor de futuro

Quen son Executivas de Galicia?

Executivas de Galicia é unha asociación formada por case 300 profesionais de diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados. Emprendedoras, empresarias, directivas e traballadoras de distintos sectores únense para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse o empoderamento das mulleres como motor de futuro e axentes crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Ese compromiso coa defensa dos dereitos e intereses da muller profesional galega reflíctese en cada acción, actividade ou programa que se pon en marcha.

Esta plataforma nace para crear un espazo colectivo de referencia desde o que compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres, así como para propulsar cambios e melloras nas políticas que desenvolven administracións, entidades e institucións en clave de igualdade.

Comprometidas coa defensa dos dereitos e intereses da muller profesional galega gallega

Somos un colectivo de mulleres, concienciadas e conscientes de que a representación profesional en certos ámbitos está moi lonxe de ser paritaria.

Unidas somos máis fortes e podemos prestarnos apoio, xerando un espacio colectivo de crecemento en feminino. Por iso en Executivas de Galicia loitamos xuntas pola igualdade de oportunidades.

Espazo colectivo de crecemento en feminino

O empoderamento da muller como motor de futuro

Quen son Executivas de Galicia?

Executivas de Galicia é unha asociación formada por case 300 profesionais de diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados. Emprendedoras, empresarias, directivas e traballadoras de distintos sectores únense para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse o empoderamento das mulleres como motor de futuro e axentes crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Ese compromiso coa defensa dos dereitos e intereses da muller profesional galega reflíctese en cada acción, actividade ou programa que se pon en marcha.

Esta plataforma nace para crear un espazo colectivo de referencia desde o que compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres, así como para propulsar cambios e melloras nas políticas que desenvolven administracións, entidades e institucións en clave de igualdade.

Comprometidas coa defensa dos dereitos e intereses da muller profesional galega

Somos un colectivo de mulleres, concienciadas e conscientes de que a representación profesional en certos ámbitos está moi lonxe de ser paritaria.

Unidas somos máis fortes e podemos prestarnos apoio, xerando un espazo colectivo de crecemento en feminino. Por iso en Executivas de Galicia loitamos xuntas pola igualdade de oportunidades.

Os nosos proxectos –

Referentes Galegas

Un proxecto que nace para dar visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas líderes nos seus respectivos sectores. Podes postularte ou propoñer a algunha candidata para formar parte da base de datos. O noso directorio conta con case 400 referentes. O seu programa insignia Edureferentes achega Referentes Galegas ás aulas galegas.

leer máis

Networking

Celebramos periodicamente encontros de networking nas principais cidades galegas. Estas reunións axúdannos a crear, xestionar e manter a nosa rede de contactos profesionais como fonte de colaboracións baseadas na confianza.

leer máis

Medios de comunicación

Cada semana en Radio Voz, o programa Un Café con Eva reserva un espazo para entrevistar a unha socia de Executivas de Galicia. A entrevista dá visibilidade á traxectoria persoal e profesional, compartindo tamén a súa experiencia en materia de igualdade.

leer máis

Grupos de traballo

Contamos con profesionais enfocadas en diferentes áreas de acción como o Grupo Xurídico ou o Grupo de Innovación e Sustentabilidade que se encargan da organización de actividades e o desenvolvemento de proxectos.

leer máis

Labor institucional de representación

Como organismo intermedio, o noso obxectivo principal é actuar como interlocutor entre a administración e a sociedade, promovendo os intereses e as necesidades das mulleres empresarias e directivas en Galicia.

leer máis

Os Nosos principios

Executivas basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:

• Igualdade entre homes e mulleres.

• Liderazgo.

• Cooperación.

• Democracia interna.

• Impulso da participación dos seus membros en todas as súas actuacións.

• Solidariedade entre as súas asociadas.

• Transparencia e publicidade na xestión e actuación das súas asociadas.

• Defensa das necesidades xerais por encima de intereses particulares.

• Integridade e Independencia.

• Responsabilidade Social

Os nosos obxectivos

Incrementar o nivel de incidencia política e impacto social da entidade

Profundar no modelo de intervención, desde unha dimensión ampla, impulsando a aprobación e implantación de medidas que supoñan un cambio real e positivo cara á igualdade efectiva.

Impulsar o papel da muller profesional: executiva, directiva, emprendedora, autónoma e empresaria

Representar e defender os seus dereitos e intereses, conseguindo a toma de conciencia do rol que desempeñan no ámbito profesional.

Garantir a sustentabilidade, eficiencia e cohesión da entidade

Xerar un modelo de crecemento da organización que sexa sostible, deseñando e desenvolvendo accións que permitan incrementar a súa base social, a súa autonomía financeira, a innovación organizativa, e as melloras das estratexias de comunicación e transparencia.

Seguir unha filosofía apartidista, apolítica e aconfesional

Manter unha postura neutral en termos políticos e relixiosos, sen afiliacións partidistas que poidan influír nas decisións e accións da entidade. Ao adoptar esta filosofía, a organización busca evitar calquera rumbo e manter o seu enfoque nos obxectivos centrais de promover a igualdade de xénero, representar e defender os dereitos e intereses das mulleres profesionais, e garantir a sustentabilidade e eficiencia da entidade.

Actualidade

Últimas noticias e eventos do noso blog

Yanina Hallak, Mulleres Salgadas e Begoña Vila, galardoadas nos XI Premios Executivas

Executivas de Galicia recoñece nesta edición o liderado empresarial, o traballo colectivo das mulleres do mar e unha traxectoria internacional vinculada á ciencia e a innovación.

Innovación rural e sostibilidade: As socias de Executivas de Galicia participan nunha xornada técnica xunto ao Inorde en Ourense

A actividade, que se celebrará o vindeiro mércores 16 de setembro, incluirá unha visita ao Centro Colaborativo de Cantoña, un percorrido en ecobarco pola comarca e un espazo de networking en Arnoia.

Arranca nova edición de «Xerando Redes» para impulsar o talento e a empregabilidade de mulleres profesionais maiores de 45 anos

A iniciativa, 100% gratuíta e impulsada por Executivas de Galicia, desenvolverase entre os meses de outubro e novembro deste ano 2026 na provincia de Ourense.

Próximo Afterwork de Executivas de Galicia na Coruña: Conecta, visibiliza e amplía a túa rede

Executivas de Galicia organiza un novo encontro de afterwork na Coruña, unha ocasión ideal para reforzar alianzas, compartir experiencias e ampliar a túa rede de contactos nunha contorna dinámica e distendida.

Executivas organiza unha visita á emblemática fábrica de Sargadelos e unha xornada de networking en Cervo

O vindeiro venres 18 de setembro de 2026, trasladámonos á Mariña lucense para desfrutar dunha xornada moi especial nas instalacións de Sargadelos en Cervo.

Executivas de Galicia e Galicia Business School renovan a súa alianza e incorporan a Executivas Junior

Renovamos o noso convenio de colaboración con Galicia Business School, consolidando unha alianza estratéxica enfocada no impulso do talento, a formación continua e o desenvolvemento profesional na nosa comunidade.

Quen é Quen? Coñece ás nosas protagonistas de xullo

No mes de xullo habemos continuamos dando visibilidade ás nosas socias a través de “Quen é Quen?”, a nosa iniciativa estratéxica para poñer rostro e voz aos ricos perfís da asociación.

Executivas de Galicia asina un acordo de colaboración coa CEC

Executivas de Galicia incorpórase como asociada colaboradora á Confederación de Empresarios da Coruña.

Executivas de Galicia adhírese á rede “Ultreia Galicia”

Executivas de Galicia súmase a “Ultreia Galicia” para impulsar o emprendemento no territorio.

Executivas de Galicia firma un convenio con Nortalia Galicia (Si Subvenciones) para impulsar a competitividade das súas asociadas

Con esta alianza obtéñense condicións exclusivas en servizos de consultoría estratéxica, xestión de axudas e planificación formativa para as socias de Executivas.

Os nosos partners

Xunta directiva

Presentámosche ás nosas 10 directivas. Xuntas toman todas as decisións importantes que afectan á nosa asociación.

Carmen Costas Martínez

Presidenta de Executivas de Galicia

Concepción Vilaboa Martínez

Vicepresidenta de Executivas de Galicia

María García Fernández

Secretaria de Executivas de Galicia.

María Caeiro Rey

Tesoureira de Executivas de Galicia.
 

Beatriz García Cibreiro

Vogal de Executivas de Galicia

Ángela Taboada González

Vogal de Executivas de Galicia

Manuela Gómez Vaamonde

Vogal de Executivas de Galicia

Mari Carmen López Gómez

Vogal de Executivas de Galicia

Tania Romeu Ces

Vogal de Executivas de Galicia

Verónica Teijeiro Domínguez

Vogal de Executivas de Galicia

Consulta a nosa traxectoria

Coñece a nosa memoria dende 2011, ano de fundación de Executivas ata datas recentes:

Adhesión a Ultreia Galicia

¡Contáctanos!

¿Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Rúa do Vilar, 54
15705 | Santiago de Compostela | A Coruña

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.