Actuacións
Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais.
Coñece o noso ámbito de actuación e as actividades de Executivas
Networking
Executivas de Galicia incentiva o networking
Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais para poder cumprir co seu obxectivo de colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse ao empoderamento das mulleres; organizando mensualmente comidas networking ou afterworks reunindo a case un centenar de mulleres profesionais nas distintas cidades galegas. O networking que Executivas promove axuda a crear, xestionar e manter unha rede de contactos profesionais como fonte de colaboracións baseadas na confianza.
Compartir experiencias profesionais
Establecer sinerxias con asociacións afíns, organismos e institucións acordes son algúns dos obxectivos do fomento do networking. Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais, coñecementos e inquietudes entre mulleres especialistas en moitos terreos profesionais; promover iniciativas culturais, educativas e de lecer que permitan mellorar os coñecementos, contactos e relacións persoais e profesionais nun contexto máis informal e tamén promover a xestión do talento.
Esta é quizá a actividade preferida polas nosas socias.
Buscamos:
Compartir experiencias laborais, coñecementos e inquietudes entre mulleres especialistas en moitos terreos profesionais. Promover iniciativas culturais, educativas e de lecer que permitan mellorar os nosos coñecementos, contactos e relacións persoais e profesionais nun contexto máis informal;
E crear sinerxias con asociacións afíns, organismos e institucións acordes cos nosos obxectivos. Actualmente coordínanse accións de Networking na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.
O grupo de Networking coordínano Eva González (provincia Pontevedra), Úrsula Rabade (provincias A Coruña e Lugo) e Carmen Sampayo (provincia Ourense).
Visitas a empresas
Organizamos visitas das nosas socias a empresas de Galicia de distintos sectores e ámbitos que facilitan un maior coñecemento do tecido industrial galego e posibilitan un contacto directo cos responsables destas industrias.
Visita ao laboratorio agrogandeiro do INORDE
Conxuntamente co Instituto Ourensano de Desarrollo Económico (INORDE), Executivas de Galicia organizou unha visita ás instalacións que esta entidade posúe na localidade de Xinzo de Limia (Ourense), a cargo da súa xerente Emma González. Trátase, en concreto, do seu laboratorio agrogandeiro.
Tras a visita, o grupo desprazouse ata a veciña poboación de Verín para participar nunha comida networking no restaurante “O Regueiro da Cova”, da chef Begoña Vázquez, coñecido por posuír unha carta elaborada con produtos quilómetro 0, ecolóxicos e de primeira calidade.
Unha delegación de Executivas de Galicia visita o xornal La Voz de Galicia, no polígono de Sabón (A Coruña)
Somos conscientes da importancia de manterse na axenda dos medios de comunicación, así como no ámbito das asociacións públicas e privadas. É moi importante xerar noticias, como tamén selo. A visita a cargo de Nazareth Díaz Castro, coordinadora da Fundación Santiago Rey Fdez- Latorre, percorreu a rotativa do xornal e a redacción, onde coñecemos os procesos de elaboración do xornal de maior tirada de Galicia.
Encontro coas directoras de Televisión de Galicia e Radio Galega
En xuño de 2014 fixemos un percorrido guiado polas instalacións de CRTVG, onde coñecemos os sistemas de produción dos medios públicos galegos, a conxuntura actual e os proxectos do futuro. Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais, por iso reunímonos coas directoras da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, e da Radio Galega, Rosa Martínez, no que conversaron sobre a presenza da muller en postos directivos nas empresas.
Visita a Coca Cola
En 2016 visitamos a planta embotelladora de Coca-Cola na Coruña, acompañadas polas súas directivas. Percorreron as instalacións e coñeceron de preto as diferentes fases de embotellado das bebidas. Esta experiencia permitiunos penetrarnos nas reviravoltas da produción a gran escala e comprender os estándares de calidade esixidos pola marca.
Visita a Estrella Galicia
En marzo de 2020 realizamos unha visita á fábrica de Estrella Galicia na Coruña, co obxectivo de coñecer de preto o proceso de produción da marca cervexeira. Durante a visita, as socias tiveron a oportunidade de percorrer as instalacións e familiarizarse coas distintas etapas de elaboración da cervexa.
Grupos de traballo
GRUPO XURÍDICO
Executivas de Galicia dispón dun equipo de avogadas que desde o Grupo Xurídico da asociación organiza mesas de debate e xornadas, como os Encontros pola Corresponsabilidade, para seguir promovendo a igualdade real entre homes e mulleres en todos os ámbitos. O grupo conta cunha ampla rede de contactos entre os que figuran fiscais e maxistrados.
Deste xeito, o Grupo Xurídico organiza mesas plurais nas que se abordan temáticas de carácter legal como a brecha salarial, a custodia compartida, así como as principais novidades lexislativas en materia de conciliación, a violencia de xénero, ou a trata, entre outros.
Un dos principais eventos é o Encontro pola Corresponsabilidade, no que se dan cita expertos de diferentes ámbitos educativos, sociais e xurídicos. Na súa última edición, que contou cun centenar de asistentes, concluíuse que era necesario continuar traballando na coeducación como ferramenta fundamental para alcanzar a igualdade real.
Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais, por iso a finalidade destes encontros é poñer en común os diferentes puntos de vista dos xuristas, os axentes sociais, os representantes das administracións públicas e a cidadanía en xeral, para impulsar medidas que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Tras os encontros elabóranse unhas conclusións que se entregan aos diferentes organismos e administracións públicas para que as teñan en conta á hora de adoptar medidas e realizar programas para fomentar a conciliación.
I Encontro pola Corresponsabilidade
O I Encontro pola Corresponsabilidade celebrouse o 24 de maio de 2013 en Santiago de Compostela, coa asistencia do entón Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela e a Secretaría de Igualdade Susana López Abella. Nel analizouse a falta de corresponsabilidade e a súa incidencia na violencia de xénero, a importancia dos plans de igualdade nas empresas, a muller nos consellos de administración e a importancia da mediación para chegar a acordos corresponsables, entre outros temas.
II Encontro pola Corresponsabilidade
Neste II Encontro pola Corresponsabilidade celebrouse o 4 de outubro de 2014 no Pazo de Mariñán en Bergondo, coa participación do Presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo Pouso e a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, no que se analizou a corresponsabilidade como un dos obxectivos fundamentais para alcanzar a igualdade real e a súa incidencia na violencia de xénero.
III Encontro pola Corresponsabilidade
O 21 de xaneiro de 2017 celebrouse o III Encontro pola Corresponsabilidade no Grove, coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego e a Concelleira de Igualdade do Concello do Grove, Noemí Outeda, sendo os temas tratados a custodia compartida, o papel da muller no mercado laboral, a brecha salarial e a falta de visibilidade da muller no deporte e na arte. A comida foi nun cruceiro ao que chamamos Cruceiro pola Corresponsabilidade.
IV Encontro pola Corresponsabilidade
Nesta ocasión o IV Encontro pola Corresponsabilidade celebrouse o 26 de outubro de 2019 na Sede Afundación de Vigo, coa asistencia da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, no que especialistas do mundo xurídico e da educación fixeron as súas achegas sobre a educación como base para lograr a igualdade entre mulleres e homes, analizouse o marco legal no que se atopan os proxenitores e os docentes á hora de educar e coeducar, abordouse o tema de educar na era da internet e das novas tecnoloxías facendo fincapé no dereito á intimidade dos menores, a dereito/obrigación de corrección por parte dos proxenitores aos fillos e os límites legais do mesmo, así como formas de innovar no ensino, temas que están de plena actualidade hoxe en día.
V Encontro pola Corresponsabilidade
Un novo encontro pola Corresponsabilidade celebrouse o 25 de marzo na sede da Confederación Empresarial de Ourense. A V edición dedicouse a identificar as novas necesidades de atención e coidados ás persoas maiores, dependentes e as súas coidadoras. Atopar e alcanzar solucións idóneas a toda a problemática que xorde ao redor e dar resposta as dúbidas que levan aparelladas. É unha oportunidade única para ter de fronte a realidade do envellecemento da poboación, as súas consecuencias e o modo de previlas e resolvelas de maneira corresponsable.
INNOVACION E SOSTIBILIDADE
O Grupo de Innovación e Sostibilidade nace co obxectivo de axudar significativamente ás asociadas a impulsar o binomio sostibilidade e innovación dentro das súas organizacións como panca do desenvolvemento e crecemento económico das mesmas, aliñando o triplo eixo de impacto social, ambiental e económico.
Cremos firmemente nun modelo de crecemento sostible e sostido mediante estratexias cruzadas de sostibilidade e innovación. Para logralo, centrámonos en tres liñas de actuación:
DIVULGACIÓN
1. Contido Divulgativo
Ofrecemos contido de interese tanto para os membros do grupo como para todas as asociadas de Executivas de Galicia, abordando temas como:
– Innovación | – Xestión Empresarial Sostible |
– Dixitalización & Transformación | – Finanzas Sostibles |
– Ciberseguridade | – Financiamento da innovación |
– Bo Goberno da Innovación |
2. Laboratorio de Ideas Think Tank:
Un laboratorio dedicado á investigación, elaboración de informes, medición de materias e temáticas abordadas no grupo de innovación e desenvolvemento sostible para a xeración de coñecemento, que proporcione recomendacións ou solucións a problemas complexos ou desafíos sociais. Este espazo nútrese da colaboración interna, con grupos de traballo das nosas asociadas entre as que figuran expertas, investigadores e profesionais con experiencia en áreas específicas que traballan de maneira colaborativa para abordar temas relevantes para compartir os resultados cos distintos grupos de interese.
FACE TO FACE
Encontros de temática específica en materias de innovación e desenvolvemento sostible nos que se comparten coñecementos, ideas, experiencias que inspiren e axuden a desenvolver novas ideas, proxectos e métodos de traballo:
– Almorzos temáticos | – Presentación de casos de éxito e de uso reais. |
– Networking activo | – Experiencias compartidas por asociadas e non asociadas. |
– Charlas inspiradoras | – Presentación de modelos exemplares de xestión innovadora. |
A nosa traxectoria
12 razóns para o emprego en igualdade
O programa 12 Razóns para o Emprego en Igualdade de Executivas de Galicia, desenvolto ao longo do ano 2019 en puntos estratéxicos de zonas industriais e empresariais da xeografía galega, contou co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais, desta maneira o proxecto consistiu na organización de 12 xornadas, talleres e/o mesas redondas a través das cales se potenciaron políticas de igualdade, calidade no emprego e xestión do talento. A desigual participación e acceso das mulleres ao emprego, a brecha salarial, a falta de corresponsabilidade e as dificultades para conciliar a vida persoal, familiar e laboral, a desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres supoñen, entre outros aspectos, unha importante perda de talento que inflúe directamente no progreso económico e a competitividade empresarial e estes asuntos foron abordados nas xornadas.
Fomento do emprego xuvenil feminino
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, en colaboración con Executivas de Galicia, desenvolveu a actividade “Fomento do Emprego Xuvenil Feminino” no marco do “Proxecto catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento novo transfronteirizo”.
Os obxectivos xerais que perseguía o proxecto eran favorecer a empregabilidade de mulleres galegas e portuguesas de entre 18 e 30 anos, así como mellorar a súa mobilidade e inserción laboral futura mediante a realización de prácticas formativas en empresas.
Ademais, o proxecto marcouse como obxectivos específicos apoiar a estas mulleres na transición do ámbito educativo ao mercado laboral e traballar con elas competencias e habilidades para a mellora da súa empregabilidade, así como facilitar recursos para a procura de emprego por conta propia e/o allea, mediante a impartición de talleres específicos.
I Foro de Emprego Virtual
Executivas de Galicia colaborou coa Deputación de Pontevedra para impulsar a mellora da empregabilidade das mulleres. No ano 2020 fixémolo a través dun formato virtual onde tratamos os retos e desafíos existentes para a igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero. Un foro dirixido a todas as mulleres, a aquelas que se atopan en situación de desemprego e tamén ás que queren mellorar o seu emprego.
Un café contigo
Esta iniciativa buscaba aproveitar o talento, coñecemento e solidariedade que hai dentro da nosa rede de Executivas de Galicia, para, entre todas, acompañarnos e informarnos da mellor durante a pandemia.
Un espazo semanal no que diferentes socias informaban e trataban diferentes temas de actualidade en sesións de 40 minutos. Cada semana expoñíase unha temática diferente con expertas na materia e que responderán as preguntas ou dúbidas que cada unha das socias poidan ter.
Referentes da medicina
Executivas de Galicia, xunto coa asociación María Andrea e o Colexio Oficial de Médicos de Ourense organizou durante os meses de febreiro e marzo de 2023 tres xornadas divulgativas na cidade de Ourense.
Ditas xornadas, impartidas por tres mulleres referentes no campo da medicina (Mila Pedreira Pérez, María Graña Barcia e África González Fernández) trataron distintos temas de interese xeral relacionado coa saúde.
Premios Executivas
Unha vez ao ano, Executivas de Galicia concede o seu Premio Executivas a personalidades, empresas públicas ou privadas, ou ben proxectos e iniciativas que poñan de relevo o liderado feminino, favorezan a conciliación e comprométanse coa igualdade de oportunidades e a paridade entre homes e mulleres.
O premio é unha escultura do artista galego, Miguel Couto, denominada Muller, unha peza que reflexiona sobre o triunfo persoal da muller.
Outorgar visibilidade
Un dos obxectivos primordiais de Executivas de Galicia é outorgar visibilidade ao traballo das directivas galegas. Por iso, cre imprescindible que a propia entidade recoñeza a vontade e o traballo para conseguir maiores niveis de equidade entre homes e mulleres. A Xunta Directiva propón tres candidaturas e as socias elixen á premiada a través dunha enquisa de valoración.
Na primeira edición dos premios organizados pola directiva encabezada pola anterior presidenta, Montserrat Sánchez-Agostiño, o galardón recaeu na empresa Lonza Biologics.
Na primeira edición dos premios organizados pola directiva encabezada pola anterior presidenta, Montserrat Sánchez-Agostiño, o galardón recaeu na empresa Lonza Biologics.
Nas seguintes edicións, as galardoadas foron Marisol Soengas (2017), Adriana Domínguez (2018), Silvia Jato (2019), África González (2020), Isabel Dobarro (2021), Carmen Canal (2022) e Teresa Portela (2023).
II Premio Executivas
A Xunta Directiva de Executivas de Galicia acordou conceder o seu premio Executivas 2017 á bióloga galega Marisol Soengas, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), como recoñecemento á súa traxectoria investigadora e por contribuír co seu traballo para dar visibilidade ao importante papel da muller na ciencia, sector no que a paridade está moi lonxe aínda de ser unha realidade. O galardón, que quere destacar aquelas traxectorias persoais ou empresariais que poñen en valor o liderado feminino, foi entregado durante a gala do 5ª Foro da Comunicación de Galicia.
III Premio Executivas
A galardoada do Premio Executivas 2018 foi Adriana Domínguez, conselleira delegada de Adolfo Domínguez. A Xunta Directiva de Executivas de Galicia elixiu por unanimidade a esta muller empresaria recoñecendo así o liderado demostrado na compañía ao dirixila con acerto cara aos desafíos do presente e futuro. Pola súa profesionalidade, pola súa calidez humana e polo agarimo á súa terra, tres elementos que fan de Adriana Domínguez un referente para todos os galegos.
IV Premio Executivas
O Premio Executivas 2019 quixo, de forma unánime, recoñecer a traxectoria profesional da presentadora e comunicadora galega Silvia Jato. Con este galardón, Executivas quixo destacar o esforzo e a profesionalidade, talento e versatilidade dunha das caras máis coñecidas polo público nacional. Valorar o seu percorrido profesional como referente no sector da comunicación, comprometida con causas humanitarias e, por suposto, coa igualdade de oportunidades para homes e mulleres foron outros dos motivos polo que Executivas de Galicia decidiu galardoar a Jato.
V Premio Executivas
Para o premio Executivas 2020, as socias de Executivas de Galicia decidiron, a través dunha votación, recoñecer a traxectoria profesional da catedrática en Inmunología e profesora da Universidade de Vigo, África González. A súa longa carreira científica e os diversos premios e recoñecementos que atesoura como a súa incorporación á Real Academia de Farmacia foron algunhas das razóns para outorgarlle este galardón, así como o seu espírito colaborador, a súa calidez humana e o seu compromiso co liderado feminino de maneira xeral e, en particular, no ámbito da ciencia
VI Premio Executivas
A traxectoria, o esforzo, a profesionalidade e o talento da pianista internacional Isabel Dobarro fixérona merecedora do Premio Executivas en 2021. Co galardón, a nosa asociación recoñeceu a súa prestixiosa carreira, que se caracteriza, en particular, pola recuperación de obras de compositoras que quedaron no esquecemento, co obxectivo de poñelas en valor. Isabel Dobarro conta cunha dilatada traxectoria e posúe numerosos premios internacionais. Está considerada unha das pianistas españolas con maior proxección internacional e foi nomeada Muller a Seguir na Cultura do ano 2021. No acto de recepción do premio, a pianista agradeceu o recoñecemento a Executivas de Galicia e eloxiou o labor realizado durante os últimos anos desde a nosa asociación para contribuír a visibilizar ás mulleres en diferentes campos, tamén no da cultura.
VII Premio Executivas
Carmen Canal é unha referente galega indiscutible que impulsou, xunto ao seu marido, un negocio agroalimentario clave dentro do mercado autonómico. Desde hai moitos anos participa de maneira regular nas actividades de Executivas e sempre mantivo un apoio constante á organización. Durante o acto, a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, sinalou que “é un orgullo para Executivas dar este recoñecemento a unha muller pioneira no fomento do asociacionismo feminino, cun afán emprendedor desde mozo e que rompeu moitas barreiras no seu tempo”, ademais de recoñecer “a unha muller referente no sector agroalimentario e empresarial”.
VIII Premio Executivas
Teresa Portela, a primeira muller española en participar en seis Xogos Olímpicos, foi eloxiada pola súa dedicación e éxito no piragüismo, alcanzando logros notables durante as súas tres décadas de carreira. O premio destaca o seu papel pioneiro e subliña a importancia de valorar ás mulleres no piragüismo, un deporte onde a presenza feminina foi historicamente subestimada.
Dende 1991, cando comezou a practicar piragüismo por diversión, ata obter a medalla de prata nos Xogos de Tokyo 2020, Portela demostrou un compromiso excepcional e unha dedicación inquebrantable. Ademais, destaca pola súa capacidade para equilibrar a súa carreira coa súa formación académica, ao graduarse en Fisioterapia e diplomarse en Maxisterio de Educación Física. Executivas de Galicia reafirma o seu compromiso co recoñecemento das mulleres en diversos eidos, celebrando o éxito de Teresa Portela e o seu impacto no piragüismo e no deporte en xeral.
Medios de comunicación
Entrevistas en Radio Voz Galicia
Desde abril de 2022, o programa de Radio Voz Galicia Un café con Eva, conducido pola veterana xornalista Eva Millán, entrevista cada semana a unha das socias de Executivas de Galicia dentro da súa sección “Consello de Sabias”. Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais mediante entrevistas que teñen lugar os xoves a partir das 10:30 horas e a través delas preténdese dar a coñecer a traxectoria de mulleres profesionais galegas para que conten, principalmente, a súa experiencia laboral en materia de igualdade no traballo.
Algunhas das entrevistadas
A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes, foi a primeira participante nesta sección. Tamén en abril, Eva Millán entrevistou á directora de programas de Urovesa, Beatriz Arribas. Ao longo do ano, entre outras moitas invitadas, o programa contou cos testemuños de Virginia Romera, copywriter & storyteller; María Mayán, investigadora xefa no Instituto de Investigación Biomédica da Coruña; ou Pamela Seoane, directora xeral corporativa de Valora.
A través de Internet, na web de Radio Voz é posible escoitar todas as entrevistas realizadas ás socias de Executivas.
Labor institucional de representación
Desde Executivas de Galicia asumimos o papel de líderes e defensoras da igualdade de xénero na contorna laboral e empresarial co propósito de aumentar a capacidade de interlocución das mulleres profesionais ás que representamos coas institucións públicas e privadas.
Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais, por iso dedicámonos a solicitar aliados e apoios que compartan a nosa visión e sómense á nosa loita pola igualdade. Establecemos alianzas estratéxicas con outras organizacións, empresas, institucións educativas e entidades públicas, co obxectivo de unir forzas e traballar de maneira conxunta nos nosos obxectivos.
A través destas alianzas, Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais, tentando xerar sinerxias, e potenciar o impacto das nosas accións. Traballamos en colaboración con institucións públicas para promover políticas e medidas que favorezan a igualdade de oportunidades e a inclusión das mulleres no ámbito laboral.
Ademais, esforzámonos por xerar vínculos co sector privado, fomentando a participación das empresas na construción de contornas laborais máis equitativos e diversificados.
Executivas de Galicia forma parte do Clúster da Comunicación de Galicia dende o ano 2017
Executivas de Galicia aprobou en 2017 a incorporación da entidade ao Clúster da Comunicación Gráfica, co fin de dotar de maiores niveis de visibilidade ás mulleres.
Executivas de Galicia forma parte da Asociación Española de Directivos
A Asociación Española de Directivos (AED) creou en 2017 unha sucursal en Galicia para dar continuidade ás delegacións que a organización ten en Barcelona, Madrid, Valencia ou Canarias. A delegación en Galicia da Asociación Española de Directivos constituíuse nun acto organizado no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela. Integran ademais a entidade galega Marc Benhamou, director territorial de CaixaBank; Kiko Alabart, director xeral de Hijos de Rivera; o seu homólogo no Porto da Coruña, Juan Diego; José María Barreiro, director xeral de Función Pública; Alfredo Blanco, director financeiro de Copasa; e Carla Reyes, presidenta de Executivas de Galicia.
Convenio de colaboración coas tres universidades galegas
A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, asinou en decembro de 2018 un convenio de colaboración cos reitores das tres universidades galegas para o desenvolvemento do proxecto Referentes Galegas. No acto participaron os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz; da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa Roger, que se comprometeron a difundir o proxecto Referentes Galegas entre o alumnado e entre o profesorado de cada un dos campus, ademais de colaborar na achega de nomes de mulleres destacadas no seu ámbito e vinculas á universidade.
Executivas de Galicia reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia
A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, acompañada por varias integrantes dá Xunta Directiva, mantivo ou 12 de maio de 2021 unha xuntanza co novo presidente dá Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, coa finalidade de presentar a asociación e buscar liñas de colaboración. As dúas entidades amosaron interese para establecer unhas bases de colaboración para achegar valor social. Durante ou encontro, fíxose un repaso dás principais actuacións de Executivas de Galicia nos últimos tempos e púxose en valor a súa firme aposta para seguir impulsando Referentes Galegas.
Executivas trasladou ao presidente da Xunta as necesidades das mulleres profesionais
Socias de Executivas de Galicia compartiron en outubro de 2018 un almorzo de traballo co entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen presentou as principais liñas de actuación da asociación que representa ás mulleres profesionais galegas. Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas, expuxo ao presidente da Xunta a iniciativa da asociación Referentes Galegas, un directorio de mulleres destacadas e expertas. Durante case dúas horas o entón presidente Alberto Núñez Feijoo e as socias de Executivas estableceron un diálogo franco e aberto sobre os asuntos que preocupan ás directivas galegas: brecha salarial, plans de igualdade nas empresas e corresponsabilidade. No almorzo participaron tamén a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca; a secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a secretaria Xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra, ademais de máis de 40 asociadas de Executivas representando diferentes ámbitos profesionais.
O presidente do Parlamento de Galicia interesouse por Executivas
En maio de 2017, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu á Xunta Directiva de Executivas de Galicia, encabezada pola súa presidenta, Carla Reyes Uschinsky. Durante esta primeira reunión, o presidente do Parlamento interesouse polas actividades que desenvolve Executivas de Galicia e sinalou que todos os esforzos que se poñan en marcha a favor da igualdade deben ser benvidos. En xaneiro de 2019, Miguel Ángel Santalices Vieira volveu reunirse co equipo directivo de Executivas de Galicia, encabezado pola presidenta da organización, Carla Reyes. No transcurso do encontro, Santalices Vieira felicitou aos seus integrantes polo labor que desenvolven para outorgar maior visibilidade ao traballo das mulleres, especialmente nos ámbitos onde a presenza feminina é aínda minoritaria.
Reunión co Delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor
A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, xunto a Berta Caro, membro da xunta directiva da nosa asociación e directora de Desenvolvemento Corporativo de Tecalis mantiveron o pasado 5 de febreiro de 2022 unha reunión co delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor. A finalidade deste encontro foi explorar formas de colaboración entre Executivas e a Delegación do Goberno autonómico na provincia da Coruña. Por iso, no transcurso do mesmo Reyes e Caro explicaron ao detalle a Trenor a actividade que se desenvolve desde a asociación.
Reunión co director da Casa de Galicia en Madrid
O venres 12 de maio de 2023, a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, e Isabel Noriega, xerente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), reuníronse na Casa de Galicia en Madrid co seu director, Juan Serrano. Na cita presentouse o traballo da asociación e falouse da presentación de Referentes Galegas no mes de setembro, para o que ofreceu toda a colaboración da Casa de Galicia.
Reunións políticas municipais
Durante os meses anteriores ás eleccións municipais do 28M as socias de Executivas de Galicia comandadas pola presidenta Carla Reyes Uschinsky reuníronse cos candidatos das principais cidades. Un total de catorce reunións repartidas pola Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.
Visibilidade, conciliación, liderado feminino, paridade… son só algúns dos temas que se abordaron nestas conversacións. As diferentes forzas políticas expresaron o seu interese en colaborar nos programas de Executivas.
Empresarias e Directivas do Atlántico (EDA)
Executivas de Galicia busca compartir experiencias laborais, por iso formou estreitas alianzas ao longo da súa andaina con diversas asociacións de mulleres profesionais como Empresarias e Directivas do Atlántico (EDA).
Estas alianzas estratéxicas han permitido establecer redes de colaboración e traballo conxunto, impulsando proxectos e accións que promoven a visibilidade e participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade galega, seguindo os principios de sustentabilidade e innovación. É o caso do I Congreso EDA, celebrado en Oviedo, o evento Mujeres en el Camino e o II Congreso EDA, ambos os organizados en Santiago de Compostela.
A través destas alianzas, Executivas de Galicia logrou ampliar o seu alcance e o seu impacto, sumando forzas con outras organizacións comprometidas coa defensa dos dereitos das mulleres empresarias creando espazos de diálogo e empoderamento para as mulleres profesionais.
Empresarias e Directivas do Atlántico (EDA)
Empresarias e Directivas do Atlántico (EDA) é unha plataforma para dar visibilidade ao colectivo de mulleres empresarias, directivas e autónomas do arco atlántico e do norte de España. A súa actividade baséase en promover o empoderamento e a sororidade, defendendo en todo tipo de foros a igualdade profesional e salarial, así como a corresponsabilidade familiar.
Encontro EDA
O ano 2019 acolleu en Santiago de Compostela un encontro de Empresarias e Directivas do Atlántico, organizado por Executivas de Galicia. Durante este evento, as xuntas directivas da Federación de Empresarias e Directivas de Asturias (FEDA), da Asociación de Mujeres Empresarias e Profesionais Liberais Muller Século XXI de País Vasco, da Asociación de Mujeres Empresarias e Directivas Leonesas (ASELE) e de Executivas de Galicia compartiron unha intensa xornada de traballo co obxectivo de establecer as bases de colaboración para o desenvolvemento de accións comúns.
O proxecto tivo por obxectivo reunir o coñecemento, emprendemento e o talento das mulleres das comunidades do norte de España, e poñelo ao dispor da sociedade. Deste xeito, acordouse crear diferentes mesas de traballo co fin de avanzar na estrutura operativa desta entidade, xurdida da iniciativa das empresarias e directivas de Asturias.
I Congreso EDA
O I Congreso Empresarias e Directivas do Atlántico EDA celebrouse en Oviedo (Asturias), do xoves 20 ao sábado 23 de febreiro de 2020. Alí analizáronse os retos aos que se enfronta a economía do noroeste peninsular.
“Mujeres en el camino”
Visibilizar o papel das mulleres directivas, empresarias e profesionais e unilo ás oportunidades que xera o Camiño de Santiago foi o eixo central da mesa redonda do programa “Mujeres no Camiño” que se celebrou o 3 de xuño de 2022 no Hostal de los Reyes Católicos en Santiago de Compostela. O evento organizado por Executivas de Galicia reuniu a máis de medio centenar de mulleres profesionais do norte de España.
II Congreso EDA
Executivas de Galicia foi a anfitrioa do II Congreso EDA celebrado o 24 de febreiro de 2023 en Santiago de Compostela. A nova edición seguiu o lema “Súmate al cambio sostenible” que abriu un espazo para reflexionar sobre a importancia de abrazar o cambio sostible no mundo empresarial e como facelo realidade, a través dalgúns dos maiores expertos en Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Suscríbete á nosa Newsletter
¡Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña