Accessibility Tools

Referentes Galegas presentouse ao público en decembro de 2018 na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Posteriormente realizáronse presentacións en Lugo, Ourense, Santiago, Vigo, Viveiro e A Coruña. Coa intención de dar un paso máis e dar recoñecemento ás profesionais galegas que destacan no noso territorio, o 20 de setembro de 2023, tivo lugar a presentación de Referentes Galegas en casa de Galicia en Madrid.

O evento foi guiado pola presentadora de televisión Silvia Jato. A benvida correu a cargo da presidenta da asociación, Carla Reyes Uschinsky; a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez Domínguez; e o xefe de gabinete da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez Prado; ofrecendo un cálido recibimento aos asistentes.

O evento foi un éxito que sumou máis de 100 asistentes entre socias, Referentes e amigos da asociación e auotridades entre os que figuraron: a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez; a deputada de Igualdade e Benestar Social de Pontevedra, Sandra Bastos; e a deputada pola Coruña no Congreso dos Deputados, Tristana Moraleja.

Tras as presentacións proxectouse un vídeo promocional do proxecto, repasando os detalles do proxecto que xa é o buque insignia da asociación. A mesa de referentes reuniu a Irene Milleiro, directora de Ashoka España; María Rúa Aguete, directora executiva en Omdia; Yolanda Román, responsable de Relacións Institucionais de Amazon en España e Almudena López do Pozo, conselleira delegada de Pymar.

O comunicador Luís Fraga, foi o encargado de moderar a mesa, onde se xerou un enriquecedor debate no que se falou dos retos aos que estas profesionais tiveron que enfrontarse nas súas carreiras polo feito de ser mulleres.

O evento concluíu cunha actuación da violinista Sara Areal, que deleitou á audiencia co seu talento musical. Finalmente, todos os asistentes gozaron dunha degustación de produtos baixo os selos Galicia Calidade e Experiencias de Calidade – estes últimos proporcionados pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria–,  pechando así unha intensa xornada.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.