María D. Mayán Santos

Xefa do Grupo de Investigación CellCOM do INIBIC

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Farmacia. Doutora en Bioloxía Molecular
Entidades: Instituto de Investigación Biomédica da Coruña ( INIBIC). Fundación Profesor Novoa Santos. SERGAS
Posto: Xefa do Grupo de Investigación CellCOM do INIBIC
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Investigación en inflamación, rexeneración tisular e cancro
Ámbito Xeográfico: A Coruña

Contacto

É Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Bioloxía Molecular pola Universidade Complutense de Madrid ( CIB, CSIC).

Investigadora líder a nivel internacional en enfermidades dexenerativas e cancro.

Durante 4 anos realizou dúas estancias, no Imperial College London e no MRC London Institute of Medical Sciences.

Desde o ano 2010 desenvolve a súa actividade no INIBIC na Coruña, onde lidera o grupo de investigación preclínica CellCOM formado por persoal clínico e investigador. Un grupo de 17 profesionais centrados na procura de novas dianas terapéuticas para o tratamento de enfermidades asociadas á idade e cancro.

María D. Mayán conseguiu proxectos de investigación altamente competitivos en convocatorias europeas e a nivel nacional. Publicou en revistas de alto impacto como Nature e o seu grupo rexistrou 4 patentes.

Recibiu dous premios de investigación da Sociedade Española de Reumatoloxía.
Participa de forma activa en actividades de divulgación científica, e é convidada de forma regular a congresos e centros de investigación a nivel internacional.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña