
Ana M. Bernabeu Trello
Directora de área de investigación, coordinadora de programa de doutoramento internacional Marine Science, Technology and Management na Universidade de Vigo
Info
Titulación Universitaria: Doutora en Ciencias do Mar
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Directora de área de investigación, coordinadora de programa de doutoramento internacional Marine Science, Technology and Management
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Docencia, investigación e xestión universitaria
Ámbito Xeográfico: Internacional
É Profesora titular de Estratigrafía da Universidade de Vigo desde 2003.
Participou en dezaoito proxectos de investigación, e dirixido outros sete (europeos, nacionais e autonómicos). Publicou máis de cen traballos, unha trintena en revistas internacionais. É revisora en revistas científicas de alto impacto, e dirixiu tres teses doutorais.
Foi avaliadora ANEP desde 2006, membro da Comisión de Expertos do programa de Ciencias da Terra, do programa Juan da Cerva e Ramón e Cajal e do programa de bolsas pre- e posdoctorales do Gobierno Vasco.
É editora asociada da revista Journal of Iberian Geology desde 2012.
Foi vicedecana da Facultade de Ciencias do Mar entre 2013-2018.
Actualmente, é Directora de área de investigación e coordinadora do programa de doutoramento internacional Marine Science, Technology and Management.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña