Accessibility Tools

Esta mañá tivo a primeira reunión co portavoz do Grupo Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga, que manifestou o apoio á o programa

 

A Presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, mantivo unha reunión esta mañá co portavoz de Grupo Socialista do Parlamento de Galicia, Xoaquin Fernández Leiceaga, para presentarlle o programa Referentes Galegas, do que destacou a importancia da visibilidade das mulleres profesionais e o seu compromiso co mesmo.

“Desde Executivas identificamos a falta de visibilidade e a ausencia de modelos a seguir por parte das nosas nenas e mozas á hora de elixir a súa carreira profesional, sendo unha das barreiras máis importantes para conseguir a igualdade real” segundo explicou Carla Reyes.

Esta reunión enmárcase nunha rolda de presentación de Referentes Galegas aos distintos grupos políticos que forman o Parlamento de Galicia e que se completará nas próximas semanas co resto dos Grupos. Cabe destacar que o primeiro encontro foi co presidente da cámara galega, Miguel Ángel Santalices.

Referentes Galegas é o primeiro directorio que se crea co obxectivo de reunir polo menos a 500 mulleres profesionais destacadas e líderes en todos os ámbitos da sociedade galega. Trátase dunha ferramenta útil para que os medios de comunicación, as entidades de calquera índole ou os organizadores de foros e encontros poidan ter un espazo no que atopar a mulleres destacadas en todos os ámbitos profesionais e que poden achegar unha valoración experta.