Accessibility Tools

O próximo 28 de outubro, Executivas de Galicia organiza un almorzo networking en Ourense. E como vén facendo nos últimos encontros contaremos cunha invitada especial, neste caso coa Presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Novoa.

O almorzo networking terá lugar en Aolar Xestora Patrimonial ( C/ Curros Enríquez, 17) de 09:30 a 11:00 horas.

Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 27 de outubro ás 12:00 horas.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:

  • cada socia pode levar unha convidada
  • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.