Accessibility Tools

O mércores 24 de novembro de 2021 a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky moderará unha mesa redonda sobre o liderado feminino no sector empresarial organizada pola Universidade de Vigo, a Fundación Mentor e a Fundación Banco Sabadell.

A xornada “Experiencias en primeira persoa. Mulleres na alta dirección empresarial” terá formato híbrido e comezará ás 12:30 no Paraninfo da Universidade de Vigo (edificio Ernestina Otero), no que estarán presentes catro das cinco relatoras. Aquelas persoas que non poidan achegarse poderán seguilo vía streaming.

O evento, presentado polo Reitor da Universidade de Vigo contará con 5 destacadas profesionais:

    • Dora Casal, CEO de Roberto Verino.
    • Emma Lustres, Fundadora de Vaca Films Studio
    • Eva Ortiz, Managing Director de Eimskip Logistics Spain
    • María José Herbón, CFO do Real Clube Celta de Vigo
    • Carla Reyes, Presidenta de Executivas de Galicia (moderadora)
O obxectivo do evento é dobre: por unha banda, dar máis visibilidade á asociación Executivas de Galicia e, por outro, que as persoas asistentes coñezan de primeira man a experiencia profesional de mulleres que ocupan postos de alta dirección en empresas moi importantes de Galicia que están enmarcadas en diferentes sectores produtivos. Consideramos que a charla terá un efecto moi positivo para as persoas asistentes na tarefa de normalizar a presenza da muller no mundo empresarial.
 
Se estás interesada/o en asistir deberás facer a inscrición na ligazón que aparece máis abaixo.