Accessibility Tools

Unha delegación de Executivas de Galicia visitará o Congreso dos Deputados o próximo mes de febreiro. O obxectivo desta reunión de traballo é presentar a asociación e dar a coñecer o papel que se desenvolve en materia de promoción da igualdade nas empresas e o desenvolvemento de perfís profesionais igualitarios.

Executivas de Galicia tamén se reunirá coa Comisión de Igualdade, presidida pola galega Pilar Cancela, para dar a coñecer as diferentes accións que se planifican para fortalecer o tecido empresarial feminino e a visualización das mulleres líderes en calquera tipo de sector.

Para iso presentarán o programa Referentes Galegas, que ten como obxectivo principal crear unha gran base de datos de mulleres que son referentes en calquera ámbito social. Ademais, de visualizar a existencia do alto número de mulleres especialistas e profesionais en todos os sectores para achegar máis voces femininas.

Neste sentido, tamén se expoñerá o papel dos Premios Executivas, que este ano se lle concedeu a Adriana Domínguez, como exemplo de capacidade de liderado e polo seu compromiso con Galicia.