Noelia Rodríguez Álvarez

Managing Director en The Beta Factor

Info

Titulación Universitaria: Xestión e Dirección de empresas Hostaleiras
Empresa: The Beta Factor
Posto: Managing Director
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Asesoría estratéxica e Formación en Innovación, Deseño e Emprendemento
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Noelia é fundadora e directora en The Beta Factor, unha firma internacional de asesoría especializada en Transformación de negocio, Deseño e Aprendizaxe a través da Innovación. Conta cunha ampla traxectoria internacional e máis de 16 anos de experiencia multidisciplinar.

Como directora en The Beta Factor, Noelia centra a súa actividade profesional no asesoramento a empresas e a formación nas áreas de Innovación estratéxica, Deseño de negocioy Emprendemento, desde un enfoque práctico e orientado á acción. Paralelamente, coordina a aceleradora de Emprendemento Go2 ToWork na Costa da Morte para a Escola de Organización Industrial.

Antes de fundar The Beta Factor, Noelia traballou para a multinacional Meliá Hotels International en Suíza e na sede corporativa de Palma, asumindo durante os últimos anos a responsabilidade das áreas de Innovación estratéxica e posteriormente, de Joint Ventures.

O seu curriculum académico inclúe un Master in Business Innovation polas Universidades de Deusto e Cambridge, un MBA internacional pola Universidade de Lausanne e a *ÉcoleHotelière de Lausanne (Suíza), así como unha especialización en DesignThinking polo Hasso Plattner InstituteofDesign, d.School en Berlin.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña