Mónica Cartelle Gestal

Assistant Professor LSU, Health, Shreveport

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Microbiología
Entidade: Louisiana State University. Health Science Center, Shreveport
Posto: Assistant Professor
Sector: Investigación en Academia
Actividade: Investigación
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Doutora en Microbiología, pola Universidade da Coruña. Tese “CTXM: Aspectos clinicos, epidemiologicos e estructrurales” a súa investigación céntrase en elucidar os mecanismos de Resistencia a antibióticos.

Bolseira pola Fundación Barrié en 2008 e posteriormente cunha bolsa Postdoutoral Intra-Europea Marie Curie, realiza unha estancia posdoctoral no Centre of Biomolecular Sciences da University of Nottingham, en Reino Unido, para traballar na área do quorum sensing coa intencion de buscar alternativas para o tratamento de enfermidades infecciosas.

Tras un paso por Ecuador como Investigadora principal, co fin de expandir a súa compresión de políticas antimicrobianas, Mónica trasladouse a USA, onde primeiro traballou como Investigadora Postdoutoral no Departamento de Enfermidades Infecciosas de UGA, University of Xeorxia. O seu traballo centrouse en entender a resposta immune contra infeccións respiratorias bacterianas e isto supúxolle recibir o premio á mellor postdoutoral de UGA, University of Xeorxia.

Actualmente, Mónica traballa como Assistant Professor en LSU Health Shreveport, onde o seu grupo (Gestal Lab) céntrase en entender como as bacterias manipulan a resposta immune para causar infección. “Se comprendemos como as bacterias poden interromper e manipular a resposta immune, podemos desenvolver fármacos que potencien a resposta immune en lugar de directamente matar á bacteria. Isto ademáis pode incrementar a memoria immunolóxica e previr contra posibles reinfeccións”.

https://www.lsuhs.edu/departments/school-of-graduate-studies/microbiology-and-immunology/research/gestal-lab

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña