Marta Rey García

Profesora Titular en Universidade da Coruña

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Ciencias da Información
Entidade: Universidade da Coruña
Posto: Profesora Titular, Departamento de Empresa, Facultade de Economía e Empresa
Sector: Educación Universitaria
Actividade: Docencia, Investigación e transferencia
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Marta Rey-Garcia é profesora titular da área de Comercialización e Investigación de Mercados, Departamento de Empresa, Facultade de Economía e Empresa, Universidade da Coruña (UDC).
Desde o inicio da súa carreira como profesora universitaria en 2009 impartiu docencia en castelán e inglés en materias de Marketing ou relacionadas coa responsabilidade social corporativa, a innovación social e a sustentabilidade en diversas titulacións da UDC, tanto de grao como de master.

Desde 2011 dirixe a Cátedra Inditex de Sustentabilidade na UDC e o seu Curso de Especialización en Sustentabilidade e Innovación Social ( CESIS). Desde 2018 coordina o Grao en Xestión Industrial da Moda da UDC.

Conta cun sexenio de investigación da CNEAI.
Antes de incorporarse á UDC desenvolve a súa carreira profesional como xestora de entidades non lucrativas. En 1996 incorpórase á Fundación Pedro Barrié de la Maza, da que é directora ata decembro de 2008. Conta con ampla experiencia de transferencia de coñecemento como consultora e membro de órganos de goberno para entidades non lucrativas. Desde 2015 dirixe o Global Civil Society Seminar organizado pola Fundación Rafael do Piñeiro en colaboración coa Harvard Kennedy School.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña