Marta Bobo Arce

Profesora Titular en Universidade da Coruña

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Educación Física
Entidade: Universidade da Coruña
Posto: Profesora Titular
Sector: Educación
Actividade: Docencia
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Marta Bobo, nacida en Ourense, é unha ex ximnasta rítmica que formou parte do primeiro equipo de elite español de ximnasia rítmica.

Foi 9ª nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, os primeiros Xogos onde houbo competición de ximnasia rítmica.
Foi campiona de España en 2ª categoría (1979) e en dúas ocasións en categoría de honra (1981 e 1983).
Entre outros galardóns, recibiu o Premio Reina Sofía á mellor deportista española nos Premios Nacionais do Deporte de 1984 (1985).

Actualmente exerce como profesora universitaria de Expresión Corporal e Danza na Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña.

Ademais de docente na UDC é investigadora nas áreas de Rendemento deportivo e Muller, actividade física e Calidade de vida. Coordina o GEXAFD, Grupo de Estudos de Xénero, Actividade Física e Deporte da UDC.

Tamén a nivel internacional é Xuíz de Ximnasia Rítmica nivel Brevet da FIG (Federación Internacional de Ximnasia) desde 1993, e desde 2009 é Membro de Grupo de Expertos da Academia da FIG e imparte a nivel Mundial Academias de formación de adestradores por todo o mundo. As últimas en Australia, Sudáfrica, Exipto e actualmente de camiño a Costa Rica.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña