María del Carmen Silva Rego

Presidenta Deputación de Pontevedra

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Dereito Económico
Entidade: Deputación de Pontevedra
Posto: Presidenta
Sector: Administración Pública e defensa; Seguridade Social obrigatoria
Actividade: Administración Pública
Ámbito Xeográfico: Pontevedra

Contacto

Foi deputada no Congreso pola provincia de Pontevedra na VII Lexislatura.

En 2004 ocupou un posto como asesora da Ministra de Agricultura, Elena Espinosa, para ser posteriormente nomeada concelleira non electa no Concello de Vigo, ocupando a dirección de urbanismo.

Nas eleccións xerais de 2008 foi candidata ao Senado polo PSOE na circunscrición de Pontevedra, saíndo elixida polo devandito partido como portavoz na cámara alta, pasando a ser a primeira muller portavoz dun grupo parlamentario no Senado.
En 2011 liderou a lista socialista de Pontevedra nas eleccións lexislativas e foi elixida deputada, pasando a ser secretaria 2ª da Mesa do Congreso.

É 1ª Tenente de Alcalde no Concello de Vigo dende 2011.

En 2015 foi investida Presidenta da Deputación de Pontevedra, pasando a ser a primeira muller en presidir a devandita institución.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña