Luisa María Seoane Camino

Directora Grupo investigacion Fisiopatologia Endocrina

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Farmacia
Entidade: SERGAS / Instituto Investigacións Sanitarias Santiago ( IDIS)
Posto: Directora Grupo investigacion Fisiopatologia Endocrina
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Dirección grupo de investigación
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela co Premio Extraordinario de Doutoramento. Estancia Postdoutoral no National Institute for Medical Research (Londres, UK). Investigador Posdoctoral Programa competitivo Juan da Cerva 2004. Investigador Miguel Servet (2005-2011). Investigador I3 SNS/SERGAS NIVEL A (2011-ACTUALIDADE).

Durante a traxectoria investigadora ha publicado máis de 70 artigos científicos en revistas Internacionais de alto factor de impacto na súa especialidade, é ademais autora de diversos capítulos en libros. Participou nun alto número de congresos nacionais/internacionais como relatora convidada así como na organización de congresos a nivel nacional. Membro de Sociedades Científicas e editora e revisora habitual en revistas científicas internacionais.

Recibiu distintos premios polo seu traballo investigador.

Na actualidade é directora do grupo Fisiopatología Endocrina do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela. Membro da Comisión Académica do programa de Doutoramento de Endocrinoloxía da USC que conta coa mención de Calidade.
Co-Investigadora Principal do Ciber Fisiopatología da Obesidade e Nutrición do Instituto de Saúde Carlos III.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña