Lucía López Pérez

Directora de Persoas e Consultora Estratéxica

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Psicoloxía
Empresa: Forgal Formación e Consultoría, S.L. ( FORGAL TALENT)
Posto: Directora de Persoas e Consultora Estratéxica
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Recursos Humanos e consultoría
Ámbito Xeográfico: España

Contacto

De 2003 a 2012 foi Directora da delegación de Ourense de UNIQUE, levando o mantemento de carteira de clientes e prospección, aplicación de estratexia comercial. Venda de servizos integrais de RRHH. Supervisión de contratación, selección de persoal e aplicación de probas psicotécnicas. Control e seguimento de procesos.
Estivo dous anos de consultora experta en Randstad España, asesorando en formación a empresas de toda Galicia.

Desde 2014 traballa en ForgalTalent, actualmente como Directora de Persoas, Consultora Estratéxica de Empresa, HR Bussines Partner. As súas funcións son: Desenvolvemento do Capital Humano (Selección, formación interna, avaliación do desempeño, e o plan de identificación e retención do talento), Coordinación do equipo comercial e soporte a consultas e servizos de clientes en materia de RRHH, e Asesoramento consultivo en servizos integrais de RRHH e de xestión ( HR Business Partner) a empresas, asociacións e entidades públicas e privadas de toda Galicia.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
R. Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña