Laura Seara Sobrado

Socia Fundadora-Directora de Proxectos de Rede Talento Consultoras

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Dereito
Empresa: Rede Talento Consultoras
Posto: Socia Fundadora-Directora de Proxectos
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Consultoría de Xénero e Xénero. Consultoría de Calidade. Asesoramento xurídico en materia de igualdade de trato e contra a discriminacion.
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Actualmente é Consultora Socia en Rede Talento Consultoras onde exerce de Directora de Proxectos e está Colexiada como avogada desde 2007.

Entre 2016 e 2017 foi Coordinadora de Organización da Comisión Xestora do PSOE. Foi Secretaria de Estado de Igualdade e Directora do Instituto da Muller no último Goberno do Presidente Zapatero. En 2011 foi elixida deputada no Congreso e entre outros labores foi designada membro da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa ata 2015.
Tamén foi deputada en Parlamento de Galicia de 2001 a 2009.

Participou como consultora en proxectos internacionais de xénero coa OCDE (Rabat) e coa Comisión Europea ( Tbilisi).
O seu traballo como consultora de calidade empezou en 1998 en EUROQUALITY e no Instituto Xuran.

Foi relator e directora en numerosos cursos, congresos e xornadas universitarias e institucionais sobre igualdade.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña