Diana Nogueira González

Modelo, actriz e presentadora

Info

Formación: Técnico Especialista en Anatomía Patolóxica
Entidade: Televisión autonómica
Sector: Actividades artísticas, recreativas e de entrenimiento.
Actividade: Modelo, actriz e presentadora
Ámbito Xeográfico: España

Contacto

Comezou a súa carreira televisiva no mítico programa de TVG “Supermartes”, compaxinando a súa presenza en televisión coa súa carreira como modelo.
Alcanzou fama internacional tras ser proclamada 2ª dama de honra no certame de Miss Universo onde recibiu, ademais, un premio especial vinculado ao deseñador Óscar da Renda.

No mundo da moda foi imaxe de numerosas firmas, protagonizou editoriais nacionais e internacionais e desfilou nas pasarelas máis importantes.

Como presentadora de televisión vímola en diversos programas como “Historias de Hoxe” en Telecinco, “Luar”, “Gran Verbena”, “E agora que?”, etc. en TVG, e un sen de galas especiais.

Como actriz o seu recoñecemento popular chegou da man da serie de TVG “Libro de Familia” á que seguiron outras como “Pazo de Familia”, “ Urxencia Cero” e, actualmente, “Lobos e Cordeiros”.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña