Cecilia García Carrara

Directora de Saúde e Movimento

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
Empresa: Saúde e Movemento
Posto: Directora
Sector: Deporte
Actividade: Marcha Nórdica
Ámbito Xeográfico: A Coruña

Contacto

É Coordinadora-Fundadora de saludymovimiento.es

Naceu na cidade de Río Terceiro, Córdoba, Arxentina, o 12 de marzo de 1980 e desde moi pequena estivo vinculada á actividade física e o deporte. Cursa os seus estudos superiores en Córdoba Arxentina e ao acabar con 22 anos decide viaxar a España para traballar e especializarse.

Cursa e valida as súas titulacións na Universidade da Coruña, compaxina estudos con traballo e é no ano 2009 cando decide comezar a dar os seus primeiros pasos como emprendedora autónoma.

Implementa e consolida na Cidade da Coruña unha nova modalidade deportiva, a Marcha Nórdica ou Nordic Walking.
Saúde e Movemento, nace xunto á marcha nórdica co fundamento de que a actividade física saudable pasa por desenvolver programas participativos, opostos ao rendemento-competitivo buscando enriquecer experiencias persoais, asentándose sobre unha práctica social que conleva a un benestar persoal e social.

Dirixe tecnicamente dúas competicións oficiais a nivel nacional de Marcha Nórdica nos anos 2017 e 2019, sendo a do 2017 a primeira competición oficial de Marcha Nórdica na historia deste país. En 2019, paralelamente á Copa de España, celebrouse o 1º Campionato Galego desta disciplina.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña