Carol Butrón

CEO e fundadora de AURA Pictures e AURA Growth

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Historia e Licenciada en Comunicación Audiovisual
Empresas: AURA Pictures e AURA Growth
Posto: CEO e fundadora
Sectores: Artes e Cultura
Actividade: Produción de películas e xestión do marketing
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Natural de Vigo, desde pequena participa e gaña numerosos premios literarios e de teatro, escribindo tanto en castelán como en galego.

Trasládase a Madrid para estudar cunha bolsa de Excelencia Académica da Comunidad de Madrid. Ao ano seguinte, a pesar de que lle renovan a bolsa, decide estudar en Salamanca. Estuda dúas carreiras universitarias, Licenciatura en Historia e Licenciatura en Comunicación Audiovisual, e a continuación saca o Máster en Xornalismo Multimedia da Universidade Complutense.

Traballa durante algúns anos en postos de xestión de márketing en empresas importantes como MAPAL Group o Cegid mentres comeza unha carreira paralela profesional no mundo do cinema, primeiro como actriz e logo como directora.

En 2017 o seu primeiro traballo como directora, Shit, é seleccionado no Festival Internacional de Xixón, facéndose eco varios medios de comunicación.

En 2019 crea a produtora AURA Pictures co seu esforzo e sen socios. En 2021 crea a axencia de márketing dixital dirixida a empresas #tech e AURA International. É CEO e fundadora en exclusiva das dúas empresas.

É tesoureira da Xunta de Acción, a Asociación de directores de España e escritora da primeira Guía de Dereitos Creativos para directores de España con prólogo de Fernando Méndez-Leite, presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas

Entre os éxitos recentes de AURA Pictures están:

    • FAITH: Éxito internacional e carta de presentación para conseguir coprodución. Curtametraxe estreada en Sitges que recibiu o Premio Mellor Curtametraxe de Ciencia Ficción no Festival Philip K. Dick de Nova York, foi proxectado en Matadero como parte do ciclo Woman in Fan (in Fantastic) de Sitges, xunto ao traballo doutras 5 cineastas de todo o mundo e Mención especial do Xurado no Cinema Grand Rex de París.
    • GAIA: unha serie de ficción ecolóxica premiada por France3 Television.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n

15707 | Santiago de Compostela | A Coruña