Accessibility Tools

Desde o mes de abril o Parlamento de Galicia entra a colaborar con Executivas de Galicia na realización dos encontros Meet-up Referentes Galegas.

Con esta actividade que se celebran o terceiro mércores de cada mes, Executivas busca crear un espazo aberto de conversación, intercambio de ideas, e espazo de reflexión, nos que as Referentes son o fío condutor e no que se desenvolvan temas de actualidade.

En cada Meet-up Referentes Galegas, serán protagonistas varias mulleres referentes, cun tema en común de actualidade e no que reflictan as oportunidades que xerou a Covid-19 no seu sector. Os primeiros 30 minutos serán de exposición do tema de debate/proposta por parte da Referente, sempre nun ton distendido e ameno, que dará paso á conversación, pequeno debate, preguntas ou propostas das persoas participantes. Trátase de aprender de novas situacións, novas oportunidades e que sirvan de exemplo para outras moitas persoas.

O obxectivo non é só difundir ás Referentes Galegas, senón tamén o seu pensamento, ideas e reflexións.

A plataforma desde onde se realizan os encontros é Zoom e contará con prazas limitadas para poder xerar ese espazo de debate, é por iso necesario a inscrición previa a cada un dos encontros.