Accessibility Tools

Este xoves 24/09 organizamos desde Executivas unha interesante xornada sobre as mulleres en Europa, 30 anos de mobilidade laboral, xornada que organiza Executivas de Galicia coa colaboración da Secretaría de España para a UE.

En vésperas de cumprir 30 anos da entrada de España na UE quixemos facer balance desde a perspectiva de xénero, é dicir, do que supuxo para as mulleres a entrada na UE, a apertura do mercado laboral, a participación política, etc.

Somos conscientes de que vivimos nunha mundo cada vez máis globalizado e que este fenómeno supón novos retos para nós á vez que ofrece novas e enormes oportunidades.

Pero Europa tamén se enfronta hoxe a unha dramática crise humanitaria e non queriamos deixar pasar a oportunidade de analizar o papel das mulleres sirias na crise dos refuxiados.

Como podes comprobar no programa contaremos cun panel de especialistas de primeiro nivel para analizar e debater.

Cremos que conseguimos traer a un excelente panel de expertos coñecedores de todas as facetas da construción europea.

A entrada é libre pero é necesario enviar un mail de confirmación de asistencia á seguinte dirección:

vicepresidencia@dev.executivasdegalicia.org