Accessibility Tools

Executivas de Galicia organiza o Foro Virtual “A igualdade de xénero e o desenvolvemento sostible: Desafíos da Axenda 2030” o próximo 22 de outubro de 10:00 a 13:00.

O encontro, patrocinado polo Concello de Santiago, nace da necesidade de promover un espazo de participación que favoreza o intercambio de coñecementos e opinións, facilitando así a cocreación de estratexias innovadoras que axuden a alcanzar a sostibilidade mediante a igualdade de xénero efectiva en todos os ámbitos da actividade humana.

O foro, que se desenvolverá en formato dixital, estrutúrase en dous bloques: unha mesa de diálogo entre persoas expertas na Axenda 2030 e a igualdade como eixo transversal dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, e diversos obradoiros de cocreación centrados nalgunhas das metas dos ODS que inciden máis directamente na igualdade para a sostibilidade.

Propóñense varios obradoiros:

  • Recursos económicos e Emprego
  • Educación en Igualdade
  • Violencia de Xénero
  • Traballo doméstico e corresponsabilidade
  • O liderado das Mulleres
  • A Lexislación fronte ás desigualdades

A asistencia ao foro é gratuíta e está aberto ao público en xeral, pero para asistir é necesario facer a inscrición previamente a través da ligazón que aparece máis abaixo.

Posteriormente ao Foro terá lugar en Santiago de Compostela un acto de compensación de pegada de carbono.

PROGRAMA: