Accessibility Tools

Executivas de Galicia acaba de asinar un convenio de colaboración con TECALIS para a utilización da ferramenta Tecalis Signature, a solución de firma electrónica biométrica avanzada para enviar e asinar todo tipo de documentos xuridicamente vinculantes desde calquera dispositivo con total seguridade.

Coa firma deste convenio Tecalis, empresa que combina tecnoloxía, metodoloxía e unha cultura única para resolver os retos tecnolóxicos das mellores empresas ofrece ás socias de Executivas de Galicia un período de proba gratuíto e un 15% de desconto na contratación da ferramenta Tecalis Signature. Ademais estudarase cada caso específico e terán algunha condición especial, segundo cada caso.