Accessibility Tools

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, participa o luns 11 na xornada organizada polo grupo de investigación GEM Galicia USC, que se celebran o luns 11 ás 17 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

O acto iníciase coa mesa redonda “10 anos de emprendemento universitario en Galicia: un enfoque de xénero” no que participan, José Díez de Castro, Director Xeral de Universidades dá Xunta de Galicia, Isabel Neira, directora técnica do Equipo GEM Galicia-USC, Eva López, coordinadora de Woman Emprende USC, e Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas de Galicia.

A segunda parte do encontro é un seminario titulado “ Do microdato á elaboración dun poster” orientado a realizar un percorrido polo proceso desde a análise estatística ata a elaboración e redacción de resultados.