Accessibility Tools

Executivas de Galicia colabora co XXIX Congreso Estatal de Mujeres Avogadas, no que participarán máis dun centenar de avogadas de toda España e que este ano se organizará en Santiago de Compostela do 13 ao 15 de abril para analizar cuestións de plena actualidade xurídica e social, sempre desde un punto de vista de xénero.

O programa do simposio terá como asuntos centrais de debate a custodia compartida, a maternidade subrogada e os novos modelos de familia. Ademais, analizará, en mesas redondas nas que participarán diversos especialistas, a discriminación salarial da muller ou o secuestro internacional de menores.

Este congreso organízase cada ano nunha cidade española diferentes.

As avogadas interesadas en inscribirse, deberán facelo en secretariacongreso@cemabog.org antes do 10 de abril.