Accessibility Tools

Fai xa moito que a Real Academia da Lingua introduciu o vocábulo dixitalizar en todas as súas variables: verbo, adxectivo, etc.

É xa unha palabra que, de maneira dispar, comeza a formar parte da nosa vida.

Para as empresas e para a administración é, sen dúbida, o comodín para entrar na nova era. O concepto está a revolucionar ás empresas, a comercialización e fabricación de produtos, o medio ambiente ou a atención ao cliente. En definitiva estamos #ante un cambio de tal envergadura que afectará o conxunto da nosa economía e das nosas vidas ata nos aspectos máis nimios. Dixitalizarse ou morrer para ser a disxuntiva.

Permitirame vostede que eu aborde este asunto desde o meu prisma: E as mulleres?, Estamos en condicións de optar ao que nos ofrece esta revolución tecnolóxica?

A resposta, lamentablemente é negativa. E non só en Galicia ou en España, tampouco en Europa están en mellores condicións. Estamos, unha vez máis, á cola.

Todos os informes dos expertos, desde a Comisión Europea ao FMI, pasando polas fundacións e entidades bancarias que se dedican a prever a evolución da nosa economía advirten aos gobernos de que o desenvolvemento económico das décadas que veñen estará marcado pola innovación tecnolóxica e que esta será transversal a todas as áreas da actividade humana. Falemos dunha biblioteca, dunha fábrica de coches ou dunha escola de educación primaria, a dixitalización será a chave mestra que asegure a sobrevida do sistema. As mulleres non están á cabeza deste cambio, son escasas as tecnólogas, as enxeñeiras, as empresarias que están á vangarda de empresas innovadoras. Os seus proxectos son máis modestos, con menos financiamento, con menos apoio.

Esta semana teño a honra de moderar unha mesa redonda no Congreso Innovatia 8.3 que organiza o Instituto da Muller e Woman Emprende da USC. Unha xornada completa para reflexionar e debater sobre o papel das mulleres nesta era dixital. A Universidade ten, é evidente, un reto maiúsculo: conseguir reverter a situación actual e lograr que as mulleres suban á locomotora tecnolóxica. Neste congreso estarán presentes as poucas reitoras que existen en España, a proba dun compromiso claro coa igualdade de oportunidades no ámbito universitario e tamén emprendedoras audaces para mostrar o camiño.

As aulas universitarias están cheas de talento feminino que necesitan que se lles abran as portas, que se lles apoie, que se lles permita liderar proxectos, que se lles recoñeza. Estamos a tempo aínda, sempre que tomemos conciencia de que coa enerxía feminina gañamos todos.

Carla Reyes Uschinsky