Accessibility Tools

Finaliza o segundo encontro de Empresarias e Directivas do Atlántico, organizado por Executivas de Galicia, que se celebrou esta fin de semana en Santiago de Compostela.

Durante este evento, as xuntas directivas da Federación de Empresarias e Directivas de Asturias ( FEDA), da Asociación de Mujeres Empresarias e Profesionais Liberais Muller Século XXI de País Vasco, da Asociación de Mujeres Empresarias e Directivas Leonesas ( ASELE) e de Executivas de Galicia, compartiron unha intensa xornada de traballo co obxectivo de establecer as bases de colaboración para o desenvolvemento de accións comúns.

O proxecto ten por obxectivo reunir o coñecemento, emprendemento e talento das mulleres das comunidades do norte de España, e poñelo ao dispor da sociedade.

Deste xeito, acordouse crear diferentes mesas de traballo co fin de avanzar na estrutura operativa desta entidade, nacida da iniciativa das empresarias e directivas de Asturias.

Outra das accións aprobadas é a realizar o primeiro Congreso anual de Empresarias e Directivas do Atlántico ( EDA) que se celebrará en febreiro de 2020 en Asturias, e que irá rotando a súa organización entra as diferentes asociacións. A primeira edición deste congreso itinerante terá lugar en Oviedo e estará organizado ao redor de cinco temáticas comúns a todas as Comunidades Autónomas que compoñen EDA: demografía, industria 4.0, España verde, enerxía e sector primario.

As actividades deste encontro iniciáronse o venres cunha cea de benvida. Xa na xornada do sábado Conselleiro de Cultura e Turismo, Roman Rodriguez e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, recibiron ás asistentes ao encontro na Praza do Obradoiro. Máis tarde, realizouse unha visita ao Parlamento de Galicia, que presidiu, Miguel Ángel Santalices, xunto á presidenta da Comisión de Igualdade do Parlamento de Galicia, Paula Prado, e na que se falou sobre a necesidade de colaboración entre entidades para traballar en materia de igualdade.