Accessibility Tools

O proxecto Referentes Galegas que impulsa Executivas de Galicia conta cun novo apoio de CaixaBank. Así quedou de manifesto na firma do acordo de colaboración entre a presidenta desta asociación, Carla Reyes Uschinsky e o director de empresas de CaixaBank en Galicia, Emilio Barreiro.

Referentes Galegas é un proxecto deseñado por Executivas de Galicia co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres profesionais galegas que son líderes nos seus respectivos sectores. Trátase dun directorio público, totalmente accesible a medios de comunicación, organismos ou entidades que requiran a colaboración ou información dunha profesional muller. Referentes Galegas pretende, ademais, destacar a profesionais que sirvan de referencia para as mozas galegas.

En palabras de Emilio Barreiro, “ CaixaBank implícase neste proxecto de Executivas para axudar a fortalecer o liderado feminino no ámbito empresarial galego”. “Un esforzo”, engadiu, “que ambas as partes compartimos plenamente e no que a nosa entidade vén traballando desde tempo atrás”.

En CaixaBank existe un forte compromiso respecto a esta realidade. A entidade desenvolve diversos programas propios para promover a igualdade, reforzar o rol da muller na empresa e na sociedade; e apoia os de entidades que compartan estes obxectivos.

Entre os primeiros destacá Wengage, que impulsa a igualdade entre homes e mulleres, reforzando o rol da muller no ámbito socio-económico. Desde a entidade financeira trabállase internamente para combater a desigualdade de xénero e apóianse tamén accións que, como Referentes galegas, traballen neste ámbito dentro da sociedade.

CaixaBank, entidade líder en España

CaixaBank é o grupo financeiro líder en banca comerciante polo miúdo en España, con 15,6 millóns de clientes. O banco presidido por Jordi Gual, e cuxo conselleiro delegado é Gonzalo Gortázar ten a rede comercial máis importante da península, con preto de 5.000 oficinas e o liderado en innovación. Ademais dispón da maior base de clientes dixitais de España (6,3 millóns).

 

Executivas de Galicia

É unha organización sen ánimo de lucro que reúne a 200 profesionais, directivas e empresarias galegas. É unha entidade dedicada a promover o liderado das mulleres en todas as áreas da vida económica, social, política e cultural de Galicia. Executivas é un colectivo de referencia en materia de igualdade entre sexos e na interlocución coas administracións públicas e privadas para o desenvolvemento de políticas que favorezan o acceso das mulleres ao mercado laboral e aos postos de dirección.