Accessibility Tools

Bases de participación

Queres propoñerte como referente no teu sector? Ou queres presentarnos unha candidata? Coñece as bases do programa!

¿Por qué “Referentes Galegas”?

Este proxecto nace da constatación da falta de modelos femininos a seguir nos distintos ámbitos profesionais en Galicia.

As mulleres seguen estando un paso por detrás en materia de visibilidade e esta é, ao noso xuízo, unha das barreiras fundamentais para avanzar na igualdade de oportunidades.

Desta reflexión xorden dúas conclusións:

  • Falta de recoñecemento das profesionais galegas con traxectoria e prestixio.
  • Necesidade para as xeracións novas de contar con referentes femininos que sirvan como exemplos a seguir na súa actividade profesional.

“Referentes Galegas” será un gran inventario vivo das mulleres que, pola súa traxectoria, pola súa valía, poden ser modelos a seguir para o resto das galegas.

 

O obxectivo deste directorio é que sirva de “ferramenta práctica” para dar a coñecer a profesionais de diferentes sectores, ás que poidan acceder organismos, asociacións, empresas… cando precisen dunha intervención profesional, dunha valoración, dunha participación en mesasredondas, xornadas, mesas de debate nos medios, xurados, etc.

Quen pode participar:

  • Mulleres profesionais vinculadas con Galicia, ben sexa por nacemento ou residencia, de calquera sector profesional.
  • Mulleres con experiencia profesional de polo menos 10 anos.
  • Mulleres que desempeñasen ou desempeñen neste momento postos relevantes no seu sector de actividade e/ou con recoñecemento acreditado ao seu desempeño profesional.

 

 

Procedimento de inscrición:

A inscrición realizarase na web de Executivas de Galicia.

A posibilidade de acceder ao procedemento será dobre:

  • Mulleres profesionais que desexen postularse elas mesmas
  • Mulleres (ou homes) que desexen propoñer a outras mulleres

En ambos os casos a inscrición estará suxeita a aprobación por parte da Xunta Directiva de Executivas de Galicia.

Resolución de solicitudes:

Unha vez recibida a solicitude, abrirase un prazo de estudo da candidatura, que se resolverá por parte da Comisión de traballo da Xunta Directiva de Executivas de Galicia creada para ese efecto.

O resultado será comunicado á interesada no menor prazo posible.

A Xunta Directiva de Executivas de Galicia tamén propoñerá “ motu proprio” ás mulleres profesionais que considere deben estar presentes neste Directorio, sendo incluídas unha vez recibido o seu consentimento.

 

¡Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña