Accessibility Tools

Ana Méndez naceu en Ourense, terra de viñedos. Filla e neta de adegueiros a súa vida está dedicada en corpo e alma ao mundo do viño. Ana pertence a unha nova xeración, diplomada en empresariais e licenciada en Bussiness Administration pola Southern Mississippi University, é a responsable de internacionalización do Grupo Reboreda Morgadío.

Están abertas as portas do mundo do viño para as mulleres?

No ámbito comercial non é aínda común que sexa unha muller quen leve adiantes o peso das negociacións, leste é un mundo eminentemente masculino. Tiven que traballar moito para que se recoñecese a miña valía, e segue sendo un camiño difícil; moitísimas horas, sen tempo libre; tiven que volverme moito máis estrita en canto ao trato persoal para facerme respectar, moito máis que se fose un home. É un sector duro para a muller. Hai que facer as cousas moi ben, pero as mulleres que están neste mundo, na súa maioría, son realmente valoradas.

 

Que podemos achegar aos sectores tradicionalmente masculinos?

Unha xestión eficiente conciliando moito máis a vida persoal coa laboral, tanto a nivel feminino como masculino; traballo duro e profesionalización.

 

Cando chega o recoñecemento profesional?

O recoñecemento profesional é moi lento, con pequenos pasos, e só o sentín nos últimos anos, con experiencia laboral. Ademais, os erros que poidas cometer teñen que ser pequenos e de menos importancia que os que poida cometer un home; sempre se lembran máis.

 

Por que formas parte de Executivas?

Porque creo que é fundamental unha Asociación de Mujeres Empresarias de Galicia, e Executivas traballa día a día para ofrecernos formación e encontros que cren sinerxias entre nós.

 

Cales son as túas expectativas de futuro?

Xestionar o Grupo para profesionalizalo o máximo posible, a miúdo o distintivo de “empresa familiar” constitúe unha vantaxe comercial, pero a nivel interno adoita ser un hándicap. Por outra banda o meu obxectivo é aumentar a nosa presenza a nivel internacional para que nun prazo de 5 anos incrementemos nosas exportacións nun 20%.

 

As tres principais trabas para o desenvolvemento profesional das mulleres neste momento?

  • Seguen sen equipararse as retribucións económicas entre homes e mulleres realizando os mesmos traballos
  • Seguimos tendo que demostrar moito máis a nosa valía.
  • A educación da sociedade en canto á vida laboral entre homes e mulleres