Accessibility Tools

Antes de irnos de vacacións queremos organizar un novo encontro na Coruña.

Por esa razón, o próximo 7 de xullo Executivas de Galicia organiza un Afterwork no Pub Rialto, en Praza María Pita, 2 a partir das 20:00 horas.

Contará con aforo limitado e para poder participar é necesario facer a inscrición antes do 05/07/22 na ligazón que aparece máis abaixo.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de afterwork pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.