Accessibility Tools

A reunión de networking de Lugo é a que queda este mes por celebrarse. Esta é a convocatoria:

LUGO

Día e hora: venres, 27 de abril, ás 14.00 horas
Lugar: Restaurante A Oca, Av. Ramón Ferreiro, 21. Edificio Gran Hotel, Lugo (20 prazas máximo).

Para o mes de maio, está pechada xa a reunión na Coruña:

A CORUÑA

Día e hora: xoves, 3 de maio ás 14.00 horas
Lugar: Escola de Finanzas. Avenida Salvador de Madariaga, 50. Oleiros.

Como sempre, lembramos estas indicacións para asistir a estas reunións, coas que buscamos crear unha rede de contactos profesionais e de intereses:

  • Cada socia pode ir acompañada dunha invitada.
  • As asistentes realizarán unha presentación de 1 minuto da súa empresa/proxecto.
  • Repartición de tarxetas de visita para facilitar contacto posterior.
  • As inscricións deben realizarse en: networking@dev.executivasdegalicia.org.

Deixámosvos imaxes das últimas reunións mantidas en Santiago e Ourense, cidade onde proximamente anotaranse novas socias.