O empoderamento da muller como motor de futuro

Espazo colectivo de crecemento feminino

¿Qué é Executivas de Galicia?

Somos unha asociación aberta de mulleres independentes que exercemos en diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados.

Unímonos para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse ao empoderamento feminino como motor de futuro e axente crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Promovemos o liderado da muller en todas as súas áreas. Unímonos coa intención de amplificar nosa voz alí onde aínda non se oe coa intensidade necesaria e para crear un espazo colectivo onde compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres.

¿Qué facemos?

Referentes Galegas

Un proxecto que nace para dar visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas líderes nos seus respectivos sectores.

Podes propoñerte ou propoñer a algunha candidata para formar parte da base de datos.

Visitas a empresas

Organizamos visitas das nosas socias a empresas de Galicia de distintos sectores e ámbitos.

Estas visitas facilitan un maior coñecemento do tecido industrial galego e posibilitan un contacto directo cos responsables destas industrias.

Networking

Celebramos periodicamente encontros de networking nas principais cidades galegas.

Estes encontros axúdannos a crear, xestionar e manter a nosa rede de contactos profesionais como fonte de colaboracións baseadas na confianza.

Iniciativas

Coñece os nosos programas e proxectos. En colaboración con diferentes institucións, perseguimos obxectivos relacionados coa igualdade laboral ou a corresponsabilidade, entre outros.

Grupo xurídico

Un excelente recurso para resolver os conflitos, grazas á participación dun mediador ou mediadora, capaz de conducir a comunicación sen xulgar, con obxectividade. A súa intervención posibilita o entendemento e un acordo bo para todas as partes

Axudas e subvencións

Nas nosas canles de comunicación interna compartimos información relevante sobre axudas e subvencións das que, potencialmente poidan beneficiarse as nosas socias.

Consulta a nosa traxectoria

Coñece a nosa memoria desde 2011, ano de fundación de Executivas ata datas recentes:

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Dirección

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña