Accessibility Tools

Executivas de Galicia, xunto coa asociación María Andrea e o Colexio Oficial de Médicos de Ourense organiza durante os meses de febreiro e marzo tres xornadas divulgativas na cidade de Ourense.

Ditas xornadas serán impartidas por tres mulleres referentes no campo da medicina: Mila Pedreira Pérez, María Graña Barcia e África González Fernández.

A primeira das xornadas terá lugar o próximo 9 de febreiro no Liceo de Ourense ás 18:30 horas con Mila Pedreira Pérez, que falará sobre a importancia de que as mulleres protexamos o noso corazón.
Mila é médica coordinadora da Unidade de Enfermidade Cardiovascular na Muller e coordinadora da Unidade de Cardiooncología no CHUS.

Acompáñanlle neste encontro a nosa presidenta Carla Reyes Uschinsky e José Luis Jiménez Martínez, vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de Ourense e Médico Especialista en Medicina Interna.

A entrada está aberta ao público previa inscrición e posteriormente terá lugar un coctel networking.

Contará con prazas limitadas, polo que para poder participar é obrigatorio facer a inscrición antes do 06/02/23 na ligazón que aparece máis abaixo.

As próximas xornadas terán lugar o 2 de marzo, con María Graña Barcia e o 16 de marzo con África González Fernández.

 

Programa xornadas Referentes da Medicina