Accessibility Tools

As socias de Executivas de Galicia están convidadas a participar na xornada “Globalizando Galicia: un cruzamento de perspectivas” que organiza a Asociación Española de Directivos o xoves 19 de decembro na Cidade da Cultura.

Esta é a terceira edición cun novo encontro para favorecer as relacións e o intercambio de experiencias entre o colectivo de directivos de Galicia e os directivos galegos que operan no exterior.

Este ano, ademais, ponse en marcha o Premio Galicia Global, co que se galardoará ao líder galego con maior proxección internacional e, por outro, presentarase o informe “Directivos galegos no exterior”, que nos revelará as inquietudes e perspectivas profesionais dos executivos galegos expatriados.

Para reservar praza dispoñedes de máis información na páxina web de AED.