Accessibility Tools

Executivas de Galicia, xunto coa asociación María Andrea e o Colexio Oficial de Médicos de Ourense organiza durante os meses de febreiro e marzo tres xornadas divulgativas na cidade de Ourense.

Ditas xornadas, impartidas por tres mulleres referentes no campo da medicina (Mila Pedreira Pérez, María Graña Barcia e África González Fernández) tratan distintos temas de interese xeral relacionado coa saúde.

A segunda destas xornadas terá lugar o próximo 2 de marzo no Liceo de Ourense ás 18:30 horas con María Graña Barcia, que falará sobre os avances na medicina reprodutiva e os factores de idade e fertilidade.

María é Doutora en Medicina e Cirurxía. Especialista en Obstetricia, Xinecoloxía e Reprodución Humana. É ademais directora de Zygos, clinica de reprodución asistida e fertilidade.

Acompáñanlle neste encontro a nosa presidenta Carla Reyes Uschinsky e Franciso Outeiriño Míguez, xinecólogo.

A entrada está aberta ao público previa inscrición.

Contará con prazas limitadas, polo que para poder asistir é necesario facer a inscrición antes do 01/03/23 na ligazón que aparece máis abaixo.

A próxima xornada terá lugar o 16 de marzo con África González Fernández.

 

Programa xornadas Referentes da Medicina