Accessibility Tools

Executivas de Galicia, xunto coa asociación María Andrea e o Colexio Oficial de Médicos de Ourense organiza durante os meses de febreiro e marzo tres xornadas divulgativas na cidade de Ourense.

Ditas xornadas, impartidas por tres mulleres referentes no campo da medicina (Mila Pedreira Pérez, María Graña Barcia e África González Fernández) tratan distintos temas de interese xeral relacionado coa saúde.

A última destas xornadas terá lugar o próximo 16 de marzo no Liceo de Ourense ás 18:30 horas con África González Fernández, que nos falará da importancia de coidar o noso sistema inmunitario. Presentará o seu libro Inmuno Power, no que recolle os segredos do sistema inmunitario e que pasa cando nos falla. Tamén fala sobre as técnicas inmunológicas e últimos avances en Inmunoterapia.

Posteriormente terá lugar a firma do libro.

África é Doutora en Medicina e Cirurxía. Catedrática en Inmunología na UVigo e investigadora no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO).

Acompáñanlle neste encontro a nosa presidenta Carla Reyes Uschinsky e Pilar Garzón Guiteria, presidenta do Colexio Oficial de Médicos de Ourense e Urgenciologa.

A entrada está aberta ao público e pódese confirmar inscrición na seguinte ligazón.

Programa xornadas Referentes da Medicina