Accessibility Tools

Este luns asistimos á última sesión, de momento, do noso webinar semanal “Un café Contigo”. Pero á volta de verán volveremos con forza e enerxía renovadas para seguir conectadas e ofrecer novos encontros virtuais ás nosas socias.

Con esta iniciativa, que naceu durante a crise do Covid-19 para dar apoio e información ás socias neses momentos difíciles, realizáronse 11 webinars con temáticas de actualidade, nos que expertas informaron e resolveron dúbidas sobre as últimas medidas adoptadas en materia económica, laboral e social.

Desde o 6 de abril cada luns ás 16:00 horas socias de Executivas reuníronse a través da plataforma Zoom para informar e tratar sobre temas de interese, por exemplo, medidas para autónomos e empresas, financiamento, prevención, teletraballo, liderado, reinvención persoal, etc. e ata un especial polo día do libro.

Desde hoxe estes 11 webinar están dispoñibles na nosa canle de Youtube, polo que se non puidestes participar nalgún deles agora tedes a oportunidade de velos.

Volveremos despois do verán, pero mentres tanto esperamos que gocedes dos encontros virtuais que deixamos á vosa disposición.