Accessibility Tools

O próximo 27 de xaneiro, Executivas de Galicia organiza o webinar “Novos Regulamentos de Igualdade Retributiva e Plans de Igualdade”, impartido por Forgaltalent e que tratará sobre a nova normativa en materia de plans de igualdade e igualdade retributiva.

Coa Real Decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, sobre o art. 45 da LOI, produciuse unha ampliación xeneralizada na obrigación de implantación dun Plan de Igualdade ás empresas con máis de 50 traballadores. Así mesmo, o pasado mes de outubro publicábanse o RD 901/2020, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro, e o RD 902/2020, de igualdade retributiva entre mulleres e homes.

Con este webinar preténdese informar das novidades en materia lexislativa e axudar á posta en marcha dun Plan de Igualdade.

O webinar é gratuíto para as socias de Executivas e realizarase a través da plataforma Zoom.

A súa duración será de 18:00 a 19:30 horas, 1 hora para a formación e media hora para consultas e dúbidas.

Para poder participar é necesario facer previamente a inscrición na seguinte ligazón: