Accessibility Tools

¡En xaneiro retomamos os Face to Face de Executivas de Galicia!

 

O 24 de xaneiro Executivas de Galicia organiza o IV Face to FaceQue é a inversión de impacto”.

Neste cuarto encontro, e o primeiro do 2025, Carmen Pumariño, directora de Investimentos en Zubi Capital, falará sobre como converter o teu negocio nun proxecto innovador, transformador e sostible.

O encontro terá lugar nas instalacións do Club Empresarial Nordés en horario de 10:30 a 12:00 horas.

Debido a que o aforo é limitado, é obrigatorio facer a inscrición antes do 22/01/25 na ligazón que aparece máis abaixo.

 

Durante o 2024 o grupo de Innovación e Desenvolvemento Sostible de Executivas de Galicia puxo en marcha os encontros Face to Face, encontros para as socias en formato pequeno e informal para abordar a innovación, transformación dixital e o desenvolvemento sostible e sostido.

Estes encontros poden darse en distintos formatos: charlas inspiradoras, presentación de casos de éxito e de usos reais, experiencias compartidas por asociadas e non asociadas, presentación de modelos exemplares de xestión innovadora etc. Sempre cunha temática específica en materias de innovación e desenvolvemento sostible.

 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.