Accessibility Tools

O próximo 21 de outubro, Executivas de Galicia organiza unha visita e comida networking en Ourense.

A doutora María Graña, xerente de ZYGOS, Centro Galego de Reprodución faranos un percorrido polas instalacións da súa clínica de Ourense e comentaranos os seus métodos de traballo e avances, pois é o único centro na península que dispón de todos os tratamentos de fertilidade.
Posteriormente terá lugar unha comida networking no propio centro, situado en C/ Nuestra Señora de la Sainza, 29 Baixo – 32005 Ourense.

A visita comezará a partir das 13:15 horas, e a comida terá lugar sobre as 14:00 horas.

Contará con aforo limitado e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición e pago antes do 19/10/22 ás 12:00 horas na ligazón que aparece máis abaixo.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.