Accessibility Tools

Executivas de Galicia presenta o vindeiro mércores 16 de outubro o programa Referentes Galegas en Vigo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. O evento, que terá lugar na sede de Afundación Vigo (Policarpo Sanz 24-26), reunirá a diferentes autoridades, socias e público xeral que poderán escoitar a experiencia de diferentes mulleres referentes de distintos sectores.
Actualmente, son xa máis de 250 mulleres as que forman parte desta gran base de datos que ten como obxectivo a visibilidade no ámbito profesional de mulleres que son referentes en calquera sector.

A asistencia ao acto, que se inicia ás 19.00 horas, é con inscrición no correo referentesgalegas@dev.executivasdegalicia.org.