O pasado luns, 9 de novembro, asistimos ao primeiro taller da segunda etapa de Un café Contigo, un espazo creado para as socias de Executivas de Galicia no que compartir e aprender xuntas.

Neste primeiro taller, a socia Carmen Penim ensinounos as pautas a seguir para unha mellor comunicación e coidado da voz, tendo en conta a complicación do uso da máscara.

Se non puideches seguilo en directo podes ver o vídeo do taller que subimos á nosa conta de Youtube.

Proximamente iremos informando dos seguintes talleres.