Accessibility Tools

Executivas de Galicia organiza o VI Encontro pola Corresponsabilidade Novas estruturas familiares e conciliación que se celebrará en Santiago de Compostela.

O encontro será o 8 de novembro na sede da Confederación de Empresarios de Galicia de 09:00 a 14:00 horas, onde terán lugar 4 mesas redondas. Posteriormente celebraremos unha comida networking no Comedor San Martín Pinario onde seguir estreitando lazos de colaboración e compartir un espazo de reflexión e coñecemento. Tras a comida, Cimega representará a obra de teatro “Agora a nena téñoa eu”.

O Encontro pola Corresponsabilidade de Executivas de Galicia é un espazo onde se fan achegas multidisciplinares contadas desde todos os campos: social, educativo, económico e xurídico.

Nesta sexta edición abordaranse as distintas e diversas estruturas familiares existentes na nosa sociedade actual, as súas problemáticas e retos cos que se atopan en todos os ámbitos, pero especialmente no de lograr a igualdade de oportunidades, conciliación e corresponsabilidade real.

No faladoiro recolleranse conclusións que se trasladarán ás autoridades para que as teñan en conta nas súas políticas sociais, educativas, económicas e xurídicas.

A xornada de mañá é gratuíta e está aberta ao público previa inscrición. Contará con prazas limitadas, polo que para poder participar é obrigatorio inscribirse na ligazón que aparece máis abaixo antes do 05/11/2024.

A comida terá un custo de 18 € por persoa que se abonará previamente mediante transferencia bancaria. Só os asistentes á comida poderán asistir á representación da obra