Accessibility Tools

O talento feminino galego volveu a destacar a nivel nacional co nomeamento de varias socias de Executivas de Galicia na XII Edición de Las Top 100 Mujeres Líderes en España. Esta prestixiosa clasificación, que recoñece o labor das mulleres influintes en diversos ámbitos, celebrou a súa gala no Teatro Real de Madrid el pasado 16 de febrero.

A cerimonia, organizada por Magas de EL ESPAÑOL e retransmitida en directo por Atresplayer, reuniu a destacadas figuras do mundo empresarial, político, cultural e social. Nesta edición, as mulleres líderes que integran o listado foron elixidas a través de máis de 100.000 votos e a valoración dun xurado composto por 54 expertos.

As socias de Executivas de Galicia nomeadas reflicten o impacto e a relevancia do liderado feminino na nosa comunidade, contribuíndo co seu talento e esforzo ao crecemento económico e social de Galicia.

Desde Executivas de Galicia queremos felicitalas por este merecido recoñecemento e celebrar a súa contribución ao liderado feminino en España.

 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.