Accessibility Tools

Un mes máis, desde Executivas de Galicia organizamos un novo programa Meet- up Referentes Galegas, encontros mensuais en formato en liña de hora e media de duración no que tres ou catro profesionais reflexionan sobre temas de actualidade.

No encontro de xuño analizaremos como afectou a pandemia ao sector da formación, como tiveron que enfrontarse aos retos e desafíos que supuxo a continuidade da formación en modalidade a distancia, pola imposibilidade de tomar clases presenciais, e se supuxo un punto de inflexión para a formación do futuro.

O quinto Meet- up Referentes Galegas Como será a educación do futuro? Os grandes retos do sistema educativo, terá lugar o próximo 16 de xuño de 19:00 a 20:30 (atrasamos o noso horario habitual) e contaremos coa participación de:

Carmen Pomar, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago e Doutora en Psicoloxía no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.
Profesora na Universidade da Rioxa durante dous anos e, desde o ano 2003, profesora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago.
Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago desde 2009 e directora de proxectos de atención educativa no campo da optimización do talento. Tamén é autora da guía O triángulo máxico das altas capacidades para profesorado galego, así como de capítulos de libro e artigos sobre intelixencia, motivación e altas capacidades.
Foi Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional de 2018 a 2020.

Elena Rivo, Doutora en Administración e Dirección de Empresas, é Profesora Doutora e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo desde 1999.
Desde 2019 é Comisionada de Coordinación Institucional da Universidade de Vigo.
De 2013 a 2019 foi Decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.
Desde novembro do 2011 ata xuño de 2014, coordinou o Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo.
En canto á investigación, participa en diversos traballos e proxectos de investigación, traballando temas relacionados coa empresa familiar, a creación de valor e a innovación. É codirectora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo e pertence ao Grupo de investigación XENE (Governance and Economics research Network).

Beatriz Lorenzo, é Coordinadora Xeral de IESIDE, onde aterrou en abril de 2019.
Previo ao seu desembarco en IESIDE, foi a Directora de Relacións en Latino América para London School of Economics and Political Science considerada unha das mellores universidades do mundo en ciencias sociais.
A súa “primeira vida profesional” foi en banca na antiga Caixa Galicia onde desenvolveu a súa carreira durante 11 anos, os ultimos como Directora da oficina de Londres e aí o seu destino cambiou. Latino América e London School of Economics cruzáronse no seu camiño e se reinventó marabillosamente ao mundo da Educación superior.

Ana Prado, é licenciada en Ciencias Políticas e Ciencias da Comunicación pola Universidade Complutense de Madrid. Ana leva máis de 15 anos vinculada a Netex Learning, empresa líder en tecnoloxía educativa que ofrece solucións e servizos para a formación nas empresas e contidos intelixentes para institucións educativas e editoriais, e desde hai 12 anos desempeña o cargo de directora de Contidos Educativos.
Entre os principais proxectos nos que participou destacan Libroweb da editorial Santillana e a coordinación de e-Dixgal da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Tamén colaborou no proxecto Aula Dixital Canaria da Consellería de Educación do Gobierno de Canarias.
A súa traxectoria profesional abarca desde o xornalismo ata a edición de libros de texto ou métodos de ensino do español como lingua estranxeira, en editoriais como Bruno ou Espasa Calpe.

Inés Salcines Gayoso, é Directora de EF Business School e Vicepresidente da Fundacion Venancio Salcines.
Licenciada en Económicas pola Universidade da Coruña (2011/15), Master en Tributación e Asesoría Fiscal por EF Business School (2017/18), Executive MBA (2018/19) por EF Business School.
Work Experience en CISI (Chartered Institute for Securities & Investments), Londres (2013).
Estancia internacional en Univisertity College Cork (2013/14).
Auditora Contable en PwC durante 3 años, (2015 -2017).
Responsable do Departamento Financeiro do grupo familiar que aglomera as empresas: EF Business School, Fundacion Venancio Salcines e Brexo Investment durante os seguintes 2 anos (2018-2019).

O encontro estará moderado por Susana Pérez Crespo, socia de Executivas de Galicia e presidenta da Asociación para a Prevención e a Educación Social.

Para que o encontro sexa ameno e dinámico, podendo participar os/as asistentes, contará con prazas limitadas, polo que será necesario facer previamente a inscrición na ligazón que aparece máis abaixo.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.